Tres persoas trasladadas ao hospital tras un choque frontal entre dous coches na N-VIN ao seu paso por Lugo

Publicado: domingo, 2 junio 2019 10:59

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 2 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Tres persoas resultaron feridas nun choque frontal entre dous vehículos na N-VI á altura de Lugo, ocorrido na madrugada do sábado ao domingo. Dous dos afectados tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

   Segundo informa o 112 Galicia, a circulación da estrada tivo que ser cortada debido ao accidente, do que o servizo de emerxencias tivo constancia a través da chamada dunha persona particular ás 01,00 horas, que alertou que os dous turismos chocaran miembras circulaban pola nacional VI.

   Os xestores do CIAE informaron aos bombeiros de Lugo, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional e Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

   Os servizos sanitarios xa tiñan coñecemento do accidente e desprazaron unha ambulancia até o lugar do sinistro. Tras finalizar a intervención, os servizos de emerxencias confirmaron que a circulación na vía restableceuse pouco antes das 03,00 da madrugada deste domingo.