Vilán (PSdeG) afirma que Francisco Vázquez, como "particular xa non afiliado", é "libre de apoiar a quen considere"

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG, Patricia Vilán, en rolda de prensa
EUROPA PRESS
Publicado 08/11/2018 13:09:45CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Nov. (EUROPA PRESS) -

A deputada do PSdeG Patricia Vilán afirmou que o exsenador socialista e exalcalde da Coruña, Francisco Vázquez, como "un particular" que "xa non está afiliado" ao partido, é "libre de apoiar a quen considere oportuno".

Así se pronunciou Vilán a preguntas dos xornalistas sobre o acto no que Vázquez acompañou ao presidente de Cidadáns, Albert Rivera, o pasado martes na capital herculina.

Ese día, Francisco Vázquez xustificou a súa presenza no acto de Cidadáns argumentando que mantén os mesmos ideais que conformaron a súa vida pública. "Igualdade, solidariedade e benestar, o compromiso coa Constitución e a unidade de España, os mesmos valores de Albert Rivera", subliñou.

Contador