A web cultural Inorantes acumula nun ano máis de 1.000 publicacións

A web Inorantes publica noticias, entrevistas e reportaxes sobre a cultura gal
CAPTURA
Publicado: miércoles, 30 enero 2019 10:32

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Ene. (EUROPA PRESS) -

A revista cultural online Inorantes celebra o seu primeiro aniversario cun arquivo que acumula máis dun milleiro de noticias, reportaxes e entrevistas.

Os responsables desta web, que publica informacións relacionadas con cinema, arte, música, teatro e literatura, aseguran ver superadas "con amplitude" as súas expectativas.

E é que en total, segundo apuntan nunha nota de prensa, son máis de 7.500 os seguidores dos que dispón en redes sociais, co obxectivo de alcanzar os 15.000 durante este ano 2019.

Esta nova temporada, avanzan, incorporará novidades como un maior "protagonismo" para os vídeos de curta duración e a elaboración de crónicas de eventos culturais.

O MÁIS LIDO

O artigo máis lido este primeiro ano foi o referido á exposición 'Territorios de Intimidade', sobre as artistas galegas baixo o Franquismo.

A continuación situouse a reportaxe sobre oito creadoras galegas ante a folga feminista do 8 de marzo. Do terceiro ao décimo posto ocupáronos case na súa totalidade entrevistas: co comisario da mostra 'Castelao Maxistral', ao Chicho do Funk (un dos músicos do dúo Esteban & Manuel), ao cantante Iván Ferreiro, ao actor Iván Marcos, á 'graffitera' Lula Goce, á cineasta Diana Toucedo, a selección do mellor do ano na música galega e a conversa con Carlos Blanco.