O Xiria de Carballo (A Coruña) participa nun proxecto europeo sobre "o valor social e educativo" do deporte

Actualizado 14/06/2012 20:36:32 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Jun. (EUROPA PRESS) -

A asociación Escolas de Balonmán Xiria de Carballo participa no proxecto europeo 'Sport practices and social inclusion' (Práctica deportiva e inclusion social) que ten como obxectivos promover "o valor social e educativo" do deporte.

A iniciativa está coofinanciada polo Programa Europeo Grundtvig-Learning Partnerships e nela participan outras catro entidades de Eslovaquia, Grecia, Italia e Francia, explicou o Xiria nun comunicado.

Deste modo, o proxecto "mostrará os valores educativos do deporte" a través da motivación á práctica deportiva e a posta en común de prácticas relacionadas coa busca do "xogo limpo, a igualdade de oportunidades e de xénero, ou a interacción xeracional".

Para iso, o proxecto reunirá técnicos deportivos e educadores sociais, co fin de "dalos a oportunidade de poñer en común e compartir as súas diferentes experiencias".

A iniciativa desenvolverase en cinco fases que terán lugar en cada unha das cidades europeas das que proceden as asociacións participantes. Así, a primeira arrancará este luns na cidade eslovaca de Kosice e centrarase nos programas deportivos educativos que se desenvolven nos programas.