Xunta e Agestic presentan a próxima semana na provincia de A Coruña o seu proxecto de difusión de factura electrónica

Actualizado 10/11/2010 19:10:31 CET
NP Difusión Uso Da Factura Electrónica, Firma Dixital E DNI Electrónico Provinci
EP/XUNTA

A CORUÑA, 10 Nov. (EUROPA PRESS) -

A Secretaría Xeral de Modernización e a Asociación Galega de Empresas TIC (Agestic) promoverán a próxima semana o uso da factura electrónica, a sinatura dixital e o DNI electrónico en cinco parques empresariais da provincia de A Coruña, a través do proxecto 'Difundetic pemes', un servizo móbil de demostración tecnolóxica.

Na súa presentación, o delegado territorial da Xunta en A Coruña, Diego Calvo, e o presidente de Agestic, José María López Bourio, explicaron que o obxectivo desta iniciativa é concienciar as empresas da necesidade de empregar as novas tecnoloxías para gañar en competitividade.

Para dar a coñecer estas ferramentas entre os empresarios, a unidade móbil do proxecto 'Difundetic pemes' percorrerá 20 localidades galegas nas que realizará un total de 40 actuacións de difusión.

Na provincia de A Coruña, estas accións desenvolveranse a partir da próxima semana nos parques empresariais de A Pobra do Caramiñal (Tomada), Santa Camba, Carral (Os Capelos), Coirós e Ortigueira (Cuíña). En total, está previsto que participen uns 100 profesionais, na súa maioría de empresas vinculadas ao sector industrial.