A Xunta estuda prohibir a matriculación de nenos sen vacinar en gardarías privadas

AV.- Consello.- A Xunta estuda prohibir "por lei" que as gardarías privadas
XUNTA
Publicado 14/03/2019 16:12:28CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Mar. (EUROPA PRESS) -

O Goberno galego estudar facer "obrigatorio por lei" que as gardarías, tanto sostidas con fondos públicos como privadas, non poidan admitir a matriculación daqueles nenos que non teñan completo o calendario de vacinación oficial.

Así o avanzou este xoves en rolda de prensa o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que a asesoría xurídica da Administración autonómica "está a ver se iso require reserva de lei". "Espero que ese informe sexa favorable", engadiu.

Neste contexto, tamén anunciou que o Executivo autonómico publicará este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da matrícula das escolas infantís da rede pública para o curso 2019-2020, que incluirá como "requisito" que os nenos conten co calendario completo de vacinación.

Así mesmo, a preguntas dos medios, Feijóo descartou adoptar esta restrición para aqueles menores xa matriculados neste curso 2018-2019. "Unha vez que un neno ou nena está matriculado, non podemos suspender o curso para esixir algo que non esixiamos na matrícula", asegurou.

Contador