Xunta facilitará construír en chan rústico e ampliará usos de vivendas para favorecer negocios rurais

Publicado: jueves, 13 diciembre 2018 15:02

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Dic. (EUROPA PRESS) -

   AXunta modificará o regulamento da Lei do Solo para “facilitar” a construción en chan rústico de vivendas para persoas que traballen en explotacións agrogandeiras e xoves do rural que queiran seguir traballando nas granxas familiares, pero tamén “independizarse”.

   Ademais, segundo concretou o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión semanal co seu Executivo, a modificación favorecerá a rehabilitación de vivendas “tradicionais” no agro e “ampliar os usos” das casas para compatibilizalas con negocios típicos do rural”.

   Esta reforma, en palabras do presidente autonómico, trata de “subsanar aspectos” deste regulamento aprobado en 2016 para dotalo dunha “maior seguridade xurísica” e “facilitar que a xente que queira vivir no rural poida” facelo.

   Así, Feijóo explicou que estas modificacións buscan que os xoves que se incorporen ás actividades rurais poidan ter acceso a unha vivenda, ademais de permitir a “compatibilización” destas infraestruturas con “negocios típicos no rural”.

   A modo de exemplo, remarcou neste punto a necesidade de que os baixos das casas poidan contar con establecementos como “bares, estancos o farmacias”.