A Xunta rexeita o proxecto da mina de Touro por falta de "sustentabilidade ambiental"

Residuos da mina de Touro - O Pino (A Coruña) que verten ao río Ulla
ALDEA VIVA - Archivo
Publicado: martes, 28 enero 2020 16:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

A Xunta rexeitou o proxecto da mina de cobre dos municipios coruñeses de Touro e O Pino, xa que "tal e como estaba redactado non se garantía a sustentabilidade ambiental".

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, informou de que este martes se asinou unha declaración de impacto ambiental (DIA) negativa, logo de haber dous informes "desfavorables" e "insalvables" de Patrimonio Natural e de Augas de Galicia.

Así, detallou que os informes técnicos recollen a afectación do proxecto mineiro na "calidade das augas" dos municipios do Pino e Touro, á vez que "se hai un desastre" non se garante a protección dunha zona de especial conservación (ZEC).

Agora, esta declaración ambiental negativa é trasladada á Consellería de Industria para que se poña fin ao proxecto. Con todo, Ángeles Vázquez explicou que a vía que queda á mineira, "como todo promotor", é a de "recorrer ao contencioso".

(Haberá ampliación)