O Cesga desenvolve unha ferramenta virtual para mozos que buscan orientación profesional "máis axeitada"

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 9 diciembre 2008 21:11

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 9 Dic. (EUROPA PRESS) -

O Centro de Supercomputación de Galicia (Cesga) está a desenvolver unha ferramenta virtual, baseada na plataforma de software libre 'Joomla', na que pais e nais de seis países europeos --España, Polonia, Romanía, Italia, Eslovaquia e Austria-- poderán intercambiar ideas e información para "orientar axeitadamente" os seus fillos á hora de escoller os seus estudios de cara ao mercado de traballo.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, esta iniciativa estará dispoñible en todos os idiomas dos seis países que participan no proxecto europeo 'Parents', que aborda a problemática da formación e a orientación laboral; e o "papel crucial que xogan os pais na planificación da carreira dos seus fillos".

Precisamente, o Cesga experimentará "nun modelo de formación, orientación e aprendizaxe mediante as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións", como un "apoio ao desenvolvemento de competencias e habilidades" e "un reforzo ao papel da formación".

Así mesmo, o proxecto 'Parents' englóbase dentro da iniciativa de "Aprendizaxe Permanente da Comisión Europea" e nel participan sete institucións de toda a UE.

Contenido patrocinado