VIGO, 19 Feb. (EUROPA PRESS) -
Un total de 123 pemes e 9 asociacións empresariais galegas participarán ao longo de 2009 nun proxecto denominado 'Tren de Innovación' onde colaborarán centros tecnolóxicos con obxectivo de crear unha plataforma onde as compañías impulsen impulsen novas iniciativas en diferentes ámbitos de actuación mediante o uso da I+D+i.
Esta iniciativa foi creada pola Fundación Innovapyme, unha entidade na que participa a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), a Dirección Xeral de I+D+i, Caixanova e os centros tecnolóxicos CTAG (automoción), Anfaco-Cecopesca (produtos do mar) e Aimen (metalurxia) entre outros organismos.
O 'Tren da Innovación' constará dun total de 6 programas de innovación --seis vagóns-- onde participarán os citados centros tecnolóxicos para axudar ás empresas nos seus procesos de innovación.
O investimento xerado polas máis de 100 empresas que se 'subirán' ao longo deste ano aos diferentes vagóns suporá unha inversión aproximada de 18 millóns de euros.
O director xeral de I+D+i da Xunta, Salustiano Mato, explicou hoxe en Vigo, durante a presentación da iniciativa, que os servizos do 'Tren' permitirán ás empresas poder definir os proxectos que máis se axusten ás súas necesidades e estar asesorado no seu desenvolvemento. Así mesmo, destacou que o propia Dirección Xeral dará "soporte económico" no comezo dos procesos, evitando que as compañías teñan que facer grandes esforzos iniciais.
PROGRAMAS
Entre os programas dos que constará o citado 'Tren' figuran 'Innercia', pensado para que as empresas implanten a innovación de cara a descubrir un novo sector ou un novo segmento de mercado; 'Innicia', onde expertos orientarán aos participantes a orientar e definir un proxecto completo de innovación, ou 'InnoProTec', que ofrece solucións para optimizar as áreas de produción, loxística, calidade, medio ou enerxía.
Outras posibilidades están nos programas 'Innoemprende', enfocada a empresas de nova creación; 'InnoFiscalIDi', deseñado para que as pymes poidan ter aseguradas as deducións fiscais por actividades de I+D+i, e 'Innoasociación', que busca fomentar o asociacionismo empresarial para crear liderado mediante o desenvolvemento de proxectos conxuntos de innovación.
INNOVACIÓN PARA A CRISE
O presidente da CEP, José Manuel Fernández Alvariño, referiuse ao 'Tren da Innovación' como unha "AVE" que "chega antes" que a conexión de alta velocidade a Galicia, ao tempo que erixiu a innovación como a "forza motora" que dirixe ás empresas cara a "obxectivos ambiciosos".
Pola súa parte, o responsable da Asociación de Industriais Metalúrxicos do Noroeste (Aimen), Fernando Vázquez; o do Centro Técnico Nacional de Conservación de Produtos da Pesca (Anfaco-Cecopesca), Juan Manuel Vieites, e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG), Luis Moreno, destacaron a importancia de que as empresas teñan en conta a innovación para saír da crise "máis reforzadas" e sendo "máis competitivas".
Así mesmo, advertiron de que unha vez superadas as dificultades económicas, o panorama mundial cambiaría, polo que as compañías galegas deberán estar preparadas e se saber diferenciar dos seus competidores.