Os empresarios da Tecnópole aprenden a manexar ferramentas de internet 2.0 e a súa aplicación aos negocios

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 19 febrero 2009 15:30

OURENSE 19 Feb. (EUROPA PRESS) -

Unha ducia de empresarios da Tecnópole participaron hoxe nun taller sobre habilidades en internet 2.0 a cargo do experto en novas tecnoloxías Genís Roca. Debido á elevada demanda de prazas que quedou sen cubrir polo carácter práctico da formación -que require un grupo pequeno-, a sesión volverá repetirse.

O obxectivo do talles é adestrar aos empresarios nas utilidades de negocio do novo internet, a denominada Web 2.0 ou internet participativo, e ter os coñecementos básicos para manexarse nesta rede.

Tecnópole promove esta acción formativa, de carácter gratuíto para os asistentes, para fomentar as novas tecnoloxías e a prestación de servizos avanzados para os seus empresarios, neste caso coa convicción de que se está a producir cambios no ámbito dos negocios que están relacionados en boa medida con internet e sobre os que é importante estar ao día.

Aprender a buscar información máis rápido e mellor en internet, manexarse coas subscricións RSS, localizar as redes sociais con maior potencial e coñecer casos prácticos de éxito do uso destas tecnoloxías para facer negocio foron algunhas das claves que se puxeron ao alcance dos asistentes.

O taller foi impartido por Genís Roca, consultor estratéxico en modelos de presenza na rede que desenvolve a súa actividade en grandes corporacións, institucións e goberno de diferentes países. Foi director xeral de Infonomía, a rede decana de innovación en España, e antes xerente das Iniciativas en Internet e Community Manager da Universitat Oberta de Catalunya.

Contenido patrocinado