Política Lingüística e Ineo ultiman o primeiro curso en liña de galego, destinado a un total de 500 persoas

Actualizado: lunes, 30 marzo 2009 22:00

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 30 Mar. (EUROPA PRESS) -

A secretaría xeral de Política Lingüística e a Asociación multisectorial de Novas Tecnoloxías da Información e da Comunicación (Ineo) ultimaron o desenvolvemento do primeiro curso en liña de lingua galega, que dará formación simultanea a 500 persoas a través de internet para obter o primeiro nivel do Certificado de Lingua Galega --Celga 1-- .

Nun comunicado, o departamento autonómico explicou que está deseñado para a súa realización en 30 horas "coas máis modernas tecnoloxías" para "resultar atractivo e ameno".

Así, os contidos consistirán en 10 unidades divididas en tres bloques cada unha e que incluirán actividades clásicas como preguntas pechadas, unión de parellas ou encher ocos, con outras como imaxes animadas, textos e locucións.

A avaliación do curso realizarase mediante test e o alumno estará constantemente supervisado por un titor, co que poderá contactar a través dunha conta de correo electrónico de uso persoal.

O presente curso, foi deseñado por un "equipo multidisciplinar" de filólogos con formación especializada en docencia --contidos--; e dez empresas coordinadas por Ineo.