Un proxecto do Cesga "lidera" a investigación estatal sobre a aplicación da sinatura electrónica avanzada

Actualizado: jueves, 19 febrero 2009 19:57

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Feb. (EUROPA PRESS) -

O proxecto de Infraestrutura de 'Sinatura Electrónica Cualificada (iSEC) --impulsado polo Centro de supercomputación de Galicia (Cesga), o Grupo de Tecnoloxías de Información de Universidade de Vigo e ao empresa Aldraba-- desenvolveu un novo software que "permitirá a doada inclusión da sinatura electrónica" en aplicacións que "necesitan control de autorización" e en xestión corporativa.

Nun comunicado, o Cesga destacou que as conclusións deste estudio "tras máis de dous anos de investigación" sitúan a Galicia como "líder" do escenario estatal de seguridade en tecnoloxías da información baseadas en certificación dixital, xa que propón a "solución técnica" a "todo o que freou o seu uso".

Precisamente, a iniciativa iSEC deseñou unha infraestrutura que permitirá, ademais da identificación do asinante, a certificación do cargo nun organismo; o selado de tempo; e a verificación "rápida e sinxela" destes dous procedementos.

Así mesmo, estas solucións propostas contaron cunha aplicación real e efectiva que "demostraron a súa flexibilidade e facilidade de uso", mediante o desenvolvemento de módulos para asinar documentos onde se certifique "un rol cualificado por unha entidade superior" --facultativos, enxeñeiros ou doutores financeiros--.

Ademais, esta tecnoloxía permitirá esta certificación de Rol na sinatura de documentos en formato XML e que facilitará a prestación de servizos dixitais interactivos --solicitudes a través de webs; externos contratados por unha empresa-- ademais de "acceso seguro" aos servizos de computación.

Finalmente, o consorcio de entidades que impulsaron esta iniciativa anunciaron que presentarán o iSEC como produto comercial "nos próximos meses" e que "a súa implantación empezará polas administracións públicas e as empresas", para despois difundilo entre a poboación.