Un 'universo virtual' mostrará por primeira vez en 3D o Camiño e a cidade de Santiago no século XII

O lanzamento da primeira fase do proxecto coincidirá co Xacobeo 2010 e contará cun presuposto de 3,5 millóns de euros

Europa Press Galicia
Actualizado: martes, 28 julio 2009 21:33

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Jul. (EUROPA PRESS) -

A partir do próximo ano poderá haber peregrinos cibernéticos, xa que un videoxogo recreará nun "universo virtual" o Camiño e a cidade de Santiago de Compostela do século XII. O lanzamento da primeira fase do proxecto, que contará cun presuposto de 3,5 millóns de euros, coincidirá coa celebración do Xacobeo 2010, e estará operativo en xullo do próximo ano.

Un consorcio de empresas formada pola galega Ficción Producións, Imatia, One Click e Planet media é o encargado deste proxecto virtual, denominado 'O Camiño', que contou coa colaboración das universidades de Vigo e Santiago de Compostela.

Este 'metauniverso' --universo virtual en 3 dimensións-- reconstruirá a cidade de Santiago e a Ruta Xacobea no ano 1117, data das revoltas dos compostelanos contra o bispo Gelmírez e a raíña Urraca, unha época "clave" na historia de Galicia.

Segundo anunciaron os representantes do consorcio de empresas, esta iniciativa constituirá o comezo "dun proxecto máis amplo" que consistirá no deseño dunha "plataforma tecnolóxica de desenvolvemento de futuros 'metauniversos'.

"RIGOR CULTURAL E HISTÓRICO"

A "novidosa" iniciativa mostrará tridimensionalmente aos usuarios a recreación dos elementos arquitectónicos e sociolóxicos máis representativos da época, entre os que destacan a Catedral de Santiago, aínda en construción, o pazo de Gelmírez na Praza da Quintana e casaríos e tendas do século XII, para o que, por outra parte, foi necesario un "exercicio de imaxinación".

A plataforma vitual tamén contou co asesoramento do profesor Miguel Taín, do departamento de Xeografía e Historia da USC, para dotar ao proxecto de "rigor cultural e histórico", tal e como manifestaron os seus responsables.

Desta forma, os participantes deste 'metauniverso' poderán meterse na pel de diferentes personaxes ou 'avatares' --representación gráfica coa que os usuarios xogan e se identifican--, como soldados ou cidadáns deseñados "fielmente" a través dunha tarefa de documentación na que se consultou dende coleccións medievais privadas, ata códices, 'cantigas' ou relevos da época.

Así mesmo, o asesoramento das universidades tamén se encargou do deseño dos contidos didácticos de 'O Camiño', como a "reprodución de diálogos, un glosario de termos técnicos ou fichas cos datos máis significativos" dos distintos monumentos presentes na plataforma.

O videoxogo terá un aspecto educativo, xa que, segundo Taín Guzmán, introducirá os mozos "no mundo da Historia de forma amena e actual" coa finalidade de que "coñezan e valoren os momentos históricos narrados en primeira persoa".

COMPOSTELANA VIRTUAL"

Na presentación de 'O Camiño', os representantes do consorcio creador sinalaron que se trata dun "proxecto moi ambicioso" e que xestionará unha "grande cantidade de contidos", para foino necesario o "traballo multidisciplinar" de máis de 80 persoas que, como informaron, "posiblemente se multiplique".

Por outra banda, destacaron o carácter "innovador" da plataforma, que incorporará elementos de tecnoloxía avanzada como o acceso ao xogo a través da telefonía móbil ou a posibilidade de que os usuarios deste 'metauniverso' poidan indicar na rede a súa "situación real no Camiño mediante dispositivos de xeoposicionamiento"

Estes dispositivos, tal como se avanzou na presentación, "facilitarán mesmo que se poida conceder aos usuarios unha Compostelana virtual" --documento que acredita que os peregrinos realizaron a Ruta Xacobea--.

A coincidencia do lanzamento deste 'universo virtual' coa celebración do ano Xacobeo 2010 buscará que as persoas "gocen coñecendo as orixes" da cidade de Compostela "a través da alta tecnoloxía".

Contenido patrocinado