A Xunta achega máis de 115.000 euros á investigación do uso de bacterias no control de enfermidades

Actualizado: sábado, 20 septiembre 2008 13:49

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 20 Sep. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Innovación achegou un total de 115.605 euros á investigación que está a desenvolver a empresa galega Innaves, que experimenta co uso de bacterias lácticas como substitutos dos antibióticos no tratamento de enfermidades como a meninxite, a otite ou a neumonía.

A empresa Innaves busca así alternativas aos antibióticos para o control de infeccións causadas por neumococos e que afectan especialmente os nenos. As bacterias lácticas atópanse principalmente no leite fermentado, a carne e as hortalizas.

As investigación céntrase especialmente no contaxio deste tipo de enfermidades nas gardarías. Así mesmo, ao tratarse de nenos, busca novos métodos de aplicación especialmente pensado para os nenos, como caramelos e sprays de doado consumo.

Os responsables da investigación sinalaron que os resultados obtidos ata o momento "son prometedores", xa que se avaliou a actividade antimicrobiana dunha grande colección de bacterias lácticas fronte ás cepas de nemococo de orixe clínica.

As conclusións que se obteñan do proxecto serán analizadas tamén a escala semiindustrial para avalialas dende o punto de vista empresarial e económico, xa que poden ser de interese para a industria farmacéutica.

No proxecto traballan, ademais de Innaves, as Universidade de Vigo, a Universidad Complutense de Madrid e o Hospital Universitario Ramón e Cajal, que achega persoal experimentado no desenvolvemento de procesos biotecnolóxicos de potencial aplicación industrial.