Actualizado 18/07/2006 12:36

R ultima a posta en marcha de dúas canles de televisión interactiva á carta e estudia adecualas ao móvil

Galicia Actual

A compañía anima ás empresas a aportar contidos porque en Galicia "existe a tecnología axeitada" para desenvolvelos


SANTIAGO DE COMPOSTELA, 18 Jul. (EUROPA PRESS) -

O operador R ultima a posta en marcha de dúas canles de televisión interactiva á carta oun 'on demand', unha de cine e ocio audiovisual e outra de formación didáctica. Ademais, estudia a posibilidade de adecuación destas canles a sistemas de televisión vía Internet ou vía móbil.

A dixitalización da cabeceira de televisión de R abriralle as portas a novos servizos televisivos, que lle permiten ao espectador seleccionar contidos ou modificar os que lle cheguen ao receptor. Ao longo deste ano o operador galego de comunicacións por fibra óptica traballa no despregamento destes novos servizos interactivos. O proceso completarase en 2007. Esta iniciativa conta co apoio económico do Plan Galego de I+D+i da Consellería de Innovación e Industria.

Segundo explicou a Europa Press o director de Planificación Estratéxica de R, Francisco Rodeiro, "entre os meses de agosto e setembro" faranse os axustes técnicos necesarios para "comezar en outubro unha fase piloto e de probas".

Francisco Rodeiro sinalou que é necesario completar "un proceso de migración" de 60.000 equipos que é preciso actualizar para que estes fogares dispoñan "dun descodificador" para poder recibir os novos servizos da televisión interactiva. Esta actualización a fará a compañía sin custe adicional para os abonados.

Os cálculos que fai este alto responsable da compañía son "que no primeiro trimestre de 2007" os clientes de R poidan recibir en boas condiciones esta nova modalidade, que lles permitirá unha serie de vantaxes.

Unha destas será que o novo sistema aumentará o número de canles temáticas, ata 110 de televisión e 25 de audio, polo que os clientes de R disporán dunha oferta moito máis completa e variada onde poder elexir.

MELLORES IMAXES E SONS

A tecnoloxía dixital también posibilitaralles recibir programas con maior resolución, con imaxes moito máis nidias e cun son de mellor calidade, Dolby 5.1 incluído. O novo sistema inclúe a capacidade de emitir a televisión de alta definición ou HDTV, no que as imaxes e o son teñen calidade de cine.

Entre os novos servizos que se ofrecerán grazas á televisión dixital interactiva figura o vídeo 'on demand' (baixo demanda), que permitirá aos espectadores ver cando o desexen calquera contido de vídeo ou audio, acceder a unha lista de títulos para dispoñer deles de maneira inmediata deter e rebobinar as proxeccións ou acceder a cursos multimedia de calidade e mesmo escoller os contidos dos informativos, adaptándoos ás súas preferenzas.

Neste senso, o director de Planificación Estratéxica de R salientou que "na actualidade xa existe demanda" desta modalidade porque "os clientes desexan ver o que queren e á hora que queren", algo que lles permite este modelo.

A idea é que o custe deste servizo se financie de "maneira mixta", ben co sistema 'pay per view' (pagar por ver), que R considera que continuará sendo maioritario de momento, ou con publicidade inserta na peza que se visualiza, co que, a cambio de ver eses anuncios, o espectador non ten que pagar.

En cambio, Francisco Rodeiro recoñece que a televisión interactiva "aínda no ten unha alta demanda" e haberá que deixar pasar tempo para que se modifiquen os hábito de consumir televisión na Comunidade galega.

PROTECION DE CONTIDOS

Ademais, no proceso de dixitalización da cabeceira de televisión de R inclúese así mesmo o acordo con Nagravisión, líder mundial na subministración de solucións para a proteción de contidos, con fin de desenvolver o Sistema de Acceso Condicional da rede de televisión dixital.

Este sistema controla o acceso aos servizos de xeito que tan só o que está subscrito a eles poida velos. Isto conséguese mediante a combinación dun complexo descodificador que cifra o sinal e unha tarxeta de usuario, o que reforza aínda máis a proteción de contidos ante a pirataría.

Este modelo permite igualmente o envío de mensaxes personalizadas de texto, así como a posibilidade de facer compras a través da televisión, actividades que con este innovador sistema pódense levar a cabo coas mellores condicións de seguridade para o cliente.

Por outra banda, a través da guía electrónica de programación, os clientes de R poderán navegar entre todas as canles e cun so mando a distancia seleccionar o tipo de programa, obter información en tempo real sobre os contidos que están vendo ou consultar horarios de emisión, entre outras cousas. Isto é posible grazas a que o sinal de datos se emite por liña telefónica -e o seu conseguinte custo- como ocorre, por exemplo, no caso dos servizos por satélite ou TDT.

Francisco Rodeiro subliñou que en Galicia "faltan contidos" a pesar de que "existe una tecnoloxía axeitada" para desenvolvelos, polo que convidou ás empresas a aproveitar o tirón da industria audiovisual galega dos últimos anos e ofertar contidos atractivos para incrementar a demanda dos novos formatos.