Publicado 26/06/2020 9:55:12 +02:00CET

12X.- Pontón arrinca cun chamamento á mobilización: "O BNG é a única alternativa para derrotar ao PP"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Jun. (EUROPA PRESS) -

O BNG chamou, no arranque da campaña electoral, á mobilización nas urnas o próximo 12 de xullo, co obxectivo de "facer historia" en Galicia, situando "por primeira vez" a unha "muller" na Presidencia da Xunta e "nacionalista". "O BNG é a única alternativa para derrotar ao PP", advertiu.

Así, dirixiuse a todas as persoas que queren un cambio "real" a que acudan ás urnas a "expresalo cunha mobilización masivo da man do BNG", co obxectivo de "construír unha nova Galicia".

Son palabras de Pontón no inicio da campaña electoral, que arrincará este venres na súa localidade natal. "Comeza unha campaña na que nos marcamos un obxectivo tan ambicioso como ilusionante: facer historia e que por primeira vez, Galicia teña unha muller nacionalista como presidenta", proclamou.

"Facer historia é conseguir o cambio que peza o motor deste país e venza á parálise e submisión que representa o PP; facer historia é construír un nova Galicia, gobernada desde nós, viva, dinámica e con futuro, que se faga valer, que non baixe a cabeza ante Madrid e que aposte con decisión por abrir un país novo", incidiu Pontón, nun acto no que tamén interviñeron a portavoz municipal, Goretti Sanmartín e o número dous pola Coruña, Xosé Luís Rivas.

"Quero dicirvos, coa man no corazón, que o cambio galego é posible se todas mobilizámonos, co BNG podemos construír unha Galicia mellor, orgullosa, un país no que vivir e traballar, con xustiza e benestar social", salientou a líder do Bloque, quen volveu a pedir "facer historia".

"HAI PARTIDO"

A líder nacionalista defendeu que "hai partido" e no BNG "saen a gañalo desde o minuto cero". "Temos equipazo de homes e mulleres con talento e con amor por este país, candidatos coas mans libres para defender á xente deste país, sen ter que pedir permiso a Madrid", incidiu.

Por iso, asegurou que un goberno liderado prol o BNG "vai demostrar que hai solucións para Alcoa". "Como teñen a cara de dicirnos que non hai solución os mesmos que puxeron sobre a mesa 90.000 millóns de euros para rescatar a banca, os mesmos que puxeron sobre a mesa 5.000 millóns para rescatar as radiais madrileñas?", preguntouse Pontón.

Ademais, afirmou que un goberno liderado polo BNG "vai demostrar que é posible acabar co espolio enerxético, que é posible pór fin á estafa das peaxes, que é posible pór o país a producir e que é posible aproveitar os nosos recursos para xerar riqueza e emprego".

O 12 de xullo "toca escoller entre a Galicia parada de Feijóo e a Galicia co motor en marcha do BNG, escoller entre unha nova maioría do PP para seguir no retroceso, perdendo peso económico, político e social ou elixir o cambio galego, que representa o BNG, cun proxecto capaz de pór o país en marcha".

Pontón pediu con entusiasmo e "corazón" aos galegos que aposten por "darlle un novo rumbo ao país o 12X". "Confiando en nós mesmos, en nós mesmas, sabendo que o BNG é a única forza capaz de liderar un goberno que se faga valer", aseverou, antes de salientar que "o BNG é a única alternativa para derrotar ao PP".

"Hoxe comeza a conta atrás do cambio galego e, como candidata eu, e o resto de compañeiros e compañeiras, afrontamos a campaña con ilusión, conscientes de que estamos nun momento excepcional no que Galicia pode facer historia cunha muller nacionalista como presidenta", sentenciou.

Contador

Para leer más

Lo más leído

  1. 1

    Elena Rodríguez se aleja de los problemas de su hija Adara y se va de vacaciones

  2. 2

    La Reina Letizia aparca las alpargatas en su visita a La Rioja y vuelve a sus adorados stilettos

  3. 3

    El final de La vieja guardia de Netflix, explicado: ¿Quién es... SPOILER?

  4. 4

    La OMS dice que es "muy improbable" que los países puedan erradicar el coronavirus en estos momentos

  5. 5

    Muere el conductor de autobús agredido en Bayona por negarse a llevar pasajeros sin mascarilla ni billete