Berrogüetto presenta hoxe en Santiago o seu disco '10.0' que recolle dez anos de experiencias musicais

Actualizado: jueves, 22 junio 2006 12:03

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Jun. (EUROPA PRESS) -

Berrogüetto presentará hoxe en Santiago de Compostela o seu último traballo discográfico, titulado '10.0', no que o grupo recolle dez anos de experiencias musicais e no que estará arroupado por artistas convidados que teñen participado nos seus discos anteriores.

Este grupo, que ofrece música galega feita desde Galicia, está formado por Santiago Cribeiro (acordeón e teclados); Guillermo Fernández (guitarra); Quico Comesaña (bouzouki e arpa celta); Quim Farinha (violín); Isaac Palacín (percusión); Anxo Pintos (gaita, órgano, saxofón, frauta e violín) e Guadi Galego (voz e gaita).

A actuación, que se enmarca na xira de presentación de '10.0', terá lugar hoxe, ás 21.00 horas, no Auditorio de Galicia. O prezo das entradas para poder asistir é de 15 euros, ainda que costará a metade para persoas estudantes ou xubiladas que conten cos correspondentes carnés.

Berrogüetto avanzou que pretende ofrecer un concerto "especial", onde estará acompañado mañá polo cantante Xavier Díez, quen colaborou nun anterior disco; pola parella de bailaríns composta por Serxio Cobos e Cristina Nogueira e polo grupo Trebón.