O BNG de A Coruña denuncia que as novas empresas de seguro médico no concello deixan fóra aos xubilados

Actualizado: jueves, 20 julio 2006 17:11

A CORUÑA, 20 Jul. (EUROPA PRESS) -

O BNG de A Coruña denunciou hoxe que as novas empresas de seguro médico -Sanitas, Unión Madrileña e Caser- ás que se lles adxudicou este mes a prestación do seguro médico aos traballores do concello coruñés deixan foro aos xubilados, privándolles dunha asistencia que viñan recibindo desde hai anos e que, pola súa idade, resulta imprescindíbel, ademais de obrigarlles a mudar de médico.

Dende hai moitos anos, o acordo entre as empresas que prestaban o seguro médico -Hércules e Adeslas- e o Concello da Coruña, permitía aos traballadores beneficiarse dunhas prestacións médicas suplementarias en condicións económicas especiais, "pagando un suplemento do seu peto", lembraron os nacionalistas. Deste xeito, fundamentalmente os xubilados, podían seguir sendo atendidos nas mesmas condicións que cando estaban en activo.

Para o BNG resulta "sorprendente" que o concello non incluise no seu convenio ás cinco empresas e deixara fóra "precisamente a aquelas que prestaban un mellor servizo" en canto a prestacións sociais complementarias que eran pagadas polos propios traballadores.

Igualmente, consideran sorprende que esta decisión estivese paralizada polo anterior alcalde, quen precisamente valoraba a súa función social e beneficiosa para o persoal municipal. Pero que foi cambiada polo actual rexidor, Javier Losada, o que parece unha "vendeta" contra os funcionarios polas súas reivindicacións, dado que tamén afecta aos funcionarios en activo.

O Bloque Nacionalista Galego levará este asunto ao próximo pleno, co fin de que se revisen os termos do novo convenio e se inclúan estas prestacións complementarias que, insistiu, "eran pagadas polo propio traballador".