O BNG pide ao Parlamento que recoñeza o galego como mérito para acceder aos postos de funcionarios nacionais

Actualizado: domingo, 24 septiembre 2006 21:25

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 24 Sep. (EUROPA PRESS) -

O deputado do BNG Xosé Paz Antón reclamou ao Parlamento que inste á Xunta para que o coñecemento da lingua galega puntúe no baremo autonómico como mérito para acceder aos postos reservados a funcionarios de habilitación nacional.

Así, Paz Antón presentou unha proposición non de lei na que lamentou que "non se tivese en conta o galego" unha vez máis na resolución coas bases do concurso ordinario e convocatorias específicas da Dirección Xeral de Cooperación Local, que depende do Ministerio de Administracións Públicas.

O deputado nacionalista recordou que no caso do País Vasco e Cataluña, a acreditación do coñecemento do idioma propio, "non só puntúa", senón que constitúe "un requisito indispensable"; e mesmo na Comunidade Valenciana e en Baleares "valórase o coñecemento do catalán".

"En aras de conseguir un funcionamento máis eficaz da administración local galega", o parlamentario considerou que o coñecemento do galego "debe ser puntuado" e recordou que o artigo 7 da Lei de Administración Local de Galicia o recolle que a lingua galega o é tamén da súa Administración Local.

Por iso, Paz Antón pide ao Parlamento galego que inste ao Goberno autonómico a que inclúa o idioma como mérito computable e que se lle outorgue a "importancia axeitada" que ten no axeitado funcionamento da Administración.