O BNG pide a declaración do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural

Actualizado: jueves, 29 junio 2006 22:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

O BNG de Sada reclamou hoxe a declaración do Pazo de Meirás como Ben de Interese Cultural por ser un "valor senelleiro" do patrimonio cultural de Galiza.

Nun comunicado, o BNG indicou que os sucesivos gobernos da Xunta "nunca" adoptaron medidas para a protección deste ben e do seu entorno como patrimonio cultural de Galicia, nin da súa recuperación. "Resulta sorprendente que a edificación do Pazo e os xardíns e demais elementos que o rodean carezan de máis protección que a derivada da súa catalogación no planeamento urbanístico municipal e provincial, pero sin que fosen declarados, no seu conxunto, como Ben de Interese Cultural (B.I.C.)", indicou.

Por iso, pediu protección para o conxunto do Pazo de Meiras - as proprias Torrres, edificacións anexas, xardíns, horreos, fontes, cruceiros, etc - e indicou que esta declaración suporía unha "obriga de conservación, coidado e protección" por parte dos actuais propietarios. "Ademáis facilitaría tamén o acceso para inspección á Administración competente e posibilitaría a visita pública e gratuita durante 4 días ao mes nos días e horario que se determinase", concluiu.