SANTIAGO DE COMPOSTELA 26 Abr. (EUROPA PRESS) -
A Fundación Antonio Fraguas Fraguas convoca por cuarto ano consecutivo o proxecto didáctico con que pretende impulsar a investigación nas institucións educativas de Galicia, cun certame ao que poderán optar aquelas iniciativas que teñan como obxectivo a profundización no coñecemento do patrimonio galego nos ámbitos etnográfico, antropolóxico, xeográfico, histórico ou artístico.
Os representantes da fundación lembran así a figura do profesor, coa intención de que o seu legado sexa coñecido polas novas xeracións. Así, desde a primeira convocatoria en 2003, a Fundación Antonio Fraguas Fraguas, que ten como espazo e referencia o Museo do Pobo Galego, premiou, entre outros, ao Colexio de Encino Primario de Xuño, Porto do Son; o CPI Afonso VII de Caldas de Reis; o CEIP Aníbal Otero de Ribeira de Piquín; o IES de Foz, na Cruz de Camos de Nigrán; o IES Pedra da Auga de Pontareas e o IES Pazo da Mercé de As Neves.
A Fundación Caixa Galicia e Caixanova patrocinan o proxecto que conta cun premio en dúas modalidades, ensino primario e secundario. En cada unha delas seleccionarase un proxecto que será dotado de 10.000 euros para desenvolver o mesmo ao longo do curso lectivo. O prazo de presentación das candidaturas remata o 31 de maio.