O Concello de Culleredo (A Coruña) y o CTG impulsan a participación dos veciños na doazón de sangue

Actualizado: miércoles, 16 agosto 2006 14:53

A CORUÑA, 16 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Concello de Culleredo (A Coruña) e o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) impulsan no municipio unha iniciativa que ten como obxectivo promover a participación dos veciños nas campañas de doazón de sangue baixo o lema "Comparte Saúde... Doa Sangue".

Así, ambas entidades buscan garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencial nos centros sanitarios galegos, que precisan ó redor de 32.000 doazóns de sangue nos meses de verán para cubrir todas as necesidades.

As persoas que desexen participar poden acudir á unidade móbil do CTG mañá durante toda a tarde diante da Casa do Concello cullerdense. O venres e sábado a unidade trasladarase a Fonteculler ao carón da parada de taxi.

Mediante esta iniciativa, que se está a desenvolver este verán en máis de 250 concellos galegos, preténdese mellorar a información sobre as doazóns de sangue. O Concello de Culleredo remitiu os seus veciños e veciñas unha carta informativa asinada polo alcalde, no que fai un chamamento a súa participación.

O pasado ano 2005 houbo 647 doazóns no municipio cullerdense, sen embargo, según sinalou o Goberno local son necesarias preto de 900 doazóns cada ano para cubrir todas as necesidades.