O Concello de Santiago promove unha campaña para que sensibilizar á mocidade para que se implique no voluntariado

Actualizado: jueves, 26 enero 2006 17:21

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

A campaña 'Sácalle punta, participa' é o recurso empregado polo Concello de Santiago apra promover o voluntariado entre os alumnos de bacharelo dos institutos e dos centros privados de ESO e entre os de centros de FP.

Esta campaña está organizada pola a Concellería de Benestar Social de Santiago a iniciativa da Comisión de Voluntariado do Consello Municipal de Servizos Sociais. Neste órgano participan o Centro Don Bosco, COGAMI, Cruz Vermella, InteRed, a Oficina do Voluntariado da Universidade de Santiago de Compostela e Voluntariado Social Rogas, o telefono da esperanza, Panxea (comerzo xusto), Asociación de Aboas de Pontepedriña, Asociación de Viuvas Rosalia Castro.

A iniciativa, presentada hoxe pola concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, ten por obxecto sensiblizar aos mozos sobre a importancia do voluntariado como recurso necesario para procurar a igualdade social. Tamén trata de motivar aos máis novos para que asuman o protagonismo na construcción xusta e solidaria da sociedade civil a través da súa implicación activa e promover a sensibilización sobre a necesidade do voluntariado nos centros de ensino.

'Sácalle punta, participa' xurde nas numerosas reunións que a Comisión de Voluntariado do Consello Municipal de Servizos Socias ten o longo do ano. Nestas xuntanzas constatárase a necesidade de desenvolver iniciativas específicas cara á xuventude, achegándose a traves dos centos de ensino secundari.

Tras considerar varias posibilidades, como charlas ou presentacións, a Comisión optou por unha acción máis dinámica, tendo en conta o sector da poboación ao que se dirixe. Así foi elaborada unha campaña de concienciación social.

Para o seu desenvolvemento foi remitida unha carta aos directores dos 23 centros de ESO e FP da cidade explicando esta iniciativa e e as súas posibilidades de implicación no programa. De seguido concertáronse entrevistas con cada un deles ou cos orientadores explicándolles con máis detalle en que consistía esta campaña e presentándolles o material.

A TRAVÉS DE XOGOS

A campaña consistirá na simulación co alumnado da dinámica de grupo 'A pequena cidade', un xogo de rol onde cada participante asumirá un papel determinado. Con esta dinámica buscarase que estes mozos e mozas se sintan partícipes e queiran desempeñar un labor social, así como afondarase nas terminoloxías empregadas.

Por outra banda presentaráselles unha relación de áreas nas que se pode desenvolver accións de voluntariado, a fin de que os rapaces e rapazas poidan definir as súas preferencias e gustos. Por último traballarase sobre os valores persoais e sobre as actitudes adoptadas por cada individuo.

Ao remate da presentación dos roles (arredor de 20 minutos) darase paso a un debate no que se valorarán as solucións obtidas polo grupo para dar paso a unha fase de avaliación.