O congreso 'Lusocom2006' acollerá en Santiago a exhibición do filme 'Terra do chicle' de Carlos Veloexclusiva para

Actualizado: lunes, 10 abril 2006 21:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Abr. (EUROPA PRESS) -

A VII edición do Congreso da Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación, 'Lusocom2006', mostrará en Santiago de Compostela por primeira vez en Galicia o filme do director ourensán Carlos Velo 'Terra do chicle', cedido en exclusiva para dito evento.

Esta será a primeira ocasión na que a cinta do director ourensán se exhibirá na comunidade galega, despois de ser proxectada nunha homenaxe ó ex presidente mexicano Lázaro Cárdenas na Filmoteca Nacional, en Madrid, en outubro do 2005.

A exhibición de 'Terra do chicle' realizarase o xoves 20 de abril ás seis da tarde, día no que terá lugar a inauguración da Feira de produtos audiovisuais da lusofonia na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago de Compostela.

A coordinadora do Lusocom, Margarita Ledo, sinalou que 'A Terra do xicle' de Velo activa todas as constantes da historia realista e da súa devoción ao heroe que enfrenta dificultades, que pasa por situacións que poden modificar o seu destino e que acada, na fin, a compensación. No caso deste documentario sobre o perigo dos traballos na selva e a explotación do suor dos xicleros por parte das multinacionais estranxeiras mentres se clama por un México próspero que venza ás forzas da natureza, a escena primeira serve para apresentarnos cada personaxe, o protagonista e a súa muller -unha parexa de xente moza, dinos a voz do narrador-, e o antagonista, o contratador, nun xogo de planos e contraplanos onde o modo de filmar este último se connota coa direcciòn da iluminación, dende o ángulo inferior dereito>. Carlos Velo realiza unha crítica feroz aos abusos das multinacionais estranxeiras nas terras mexicanas e unha defensa do nacionalismo marxista. O cineasta galego leva a esta película a súa máxima do cine como o instrumento máis poderoso do seu tempo para a intercomunicación entre os homes e a propaganda. A historia en si cóntanos a marcha temporeira dunha partida de chicleros á xungla, o tempo da viaxe -dende a aldea de contratación e ate o campamento- e o tempo no que se nos dá a coñecer a verdade da natureza, a imposibilidade de conxugar sistemas tan diferentes como o humano cos das condicións ambientais, flora e a fauna da selva, e o breve sosego da frugal colación nas tendas -arroz, fríxoles e café- prepáramos para a saída, ben de mañá, cara o interior incerto da fraga. En definitiva, os espectadores terán o día 20, como explica a catedrática Ledo Andión, . A cinta forma parte dunha ampla colección do museógrafo, pintor, cineasta e promotor cultural mexicano Fernando Gamboa, quen reuniu durante a súa vida filmes sobre a Guerra Civil española, así como documentais alusivos ó muralismo. Coa proxección desta película inaugúrase o congreso Lusocom 2006 que reunirá a investigadores da Lusofonía durante tres días na Facultade de Ciencias da Comunicación para poñer en común os últimos avances na investigación e na produción audiovisual.