O Consello de Goberno da Universidade da Coruña analizará hoxe os seus programas de posgrao

Actualizado: jueves, 26 enero 2006 10:49

A CORUÑA, 26 Ene. (EUROPA PRESS) -

O Consello de Goberno da Universidade da Coruña celebrará hoxe unha xuntanza, na reitoría, na que tratará a proposta de programas oficias de posgrao da Universidade.

Ademais, entre os temas que se estudarán están as medidas de xubilación voluntaria dos membros dos corpos docentes e a adhesión da Universidade da Coruña á Declaración de Berlín sobre acceso aberto ao coñecemento.

Na orde do día figura tamén a aprobación, se procede, dos regulamentos internos da Facultade de Socioloxía, da Escola Universitaria de Enfermería e Podoloxía e do departamento de Análise Económica e Administración de Empresas.