Cultura coeditará con Galaxia e Xerais manuais e obras teatrais, nunha nova etapa de colaboración en apoio á dramaturxía

Actualizado: martes, 4 abril 2006 15:51

Ánxela Bugallo sinala que Cultura fará edición propia baixo "criterios restrinxidos" e que apostará por colaborar coas editoriais

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Abr. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura e Deporte, a través do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (Igaem), colaborará coas editoriais Xerais e Galaxia na coedición de novos títulos teatrais, tanto manuais como sobre obras que se están a representar, por considerar que é a fórmula "máis axeitada" para contribuir á difusión do teatro galego.

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, asinou hoxe en Santiago de Compostela senllos convenios de colaboración cos directores xerais de Galaxia, Víctor F. Freixanes, e de Xerais Galicia, Mnauel Bragado, polo que que o Igaem achegará 36.300 euros para a coedicición, xunto as devanditas editoriais, dun total de nove títulos teatrais en 2006. Segundo os responsables das editoriais, "nove títulos son moitos", xa que habitualmente se editan dez títulos ao ano nesta disciplina artística.

Un total de 21.300 euros serán para a publicación de cinco novos números da Bibloteca Básica de Teatro, a cargo de Galaxia; mentras que os outros 15.000 euros servirán para sacar á luz catro títulos dentro da colección Os libros do Centro Dramático Galego. O acordo, que ten vixencia dun ano e xurde con vocación de continuidade, prevé que Cultura e editorais compartan o ISBN dos textos orixionais que coediten.

No acto tamén estivo presente o xerente do Igaem, Miguel Martín, quen enmarcou esta colaboración "na nova política de publicacións" do organismo autónomo para "contribuir á difusión do teatro galego". En ámbolos dous casos, os libros e os autores publicados nas dúas coleccións serán elexidos de xeito consensuado entre o Igaem e as empresas editoras, segundo explicou Martín, quen dixo que aínda non está pechada a totalidade dos libros que serán coeditados froito destes convenios.

NOVIDADES NAS COLECCIÓNS

Pola súa banda, a conselleira de Cultura considerou a fórmula da coedición como "a máis axeitada" para a colaboración coas empresas na difusión de textos teatrais. Salientou que estes convenios supoñen "un paso importante" no traballo do seu departamento "na liña de apoio á dramaturxia galega". Entre as novidades, resaltou que a Biblioteca Básica de Teatro de Galaxia ofrecerá "grandes manuais" referidos á dramaturxia, mentras que la colección dos libros do Centro Dramático Galego haberá "un novo polo a autores galegos que teñen obras representándose nos escenarios galegos".

Así, a colección coeditada con Galaxia --Biblioteca Básica de Teatro-- incorpora unha nova serie que, baixo a denominación de Grandes Manuais, ten como obxectivo publicar obras dae utoría galega que, dende una perspectiva sistemática e pormenorizada afonde nunha área teatral concreta. 'Introdución á práctica do teatro con .. Manuel Lugrís Freire' abre esta novidade, coa perspectiva de que poida sair do prelo para o Día das Letras Galega, no que se homenaxea a este autor.

Os resto de libros coeditados polo Igaem e Galaxia corresponderán a Brevarios, serie na que se inclúen libros de autoers e profesioanis galegos a través dos que se proporcioan unha introdución xeral e de carácter enminentemente práctico a unha determinada materia, en consonancia coas importidas na Escola Superior de Arte Dramática de Vigo. Aquí está prevista xa a publicación de 'A dirección de actores', de Daniel González Salgado; 'Música, linguaxe musical e artes escéncias', de Juan Durán e Mónica Groba; e 'Dramaturxia. Teoría e práctica', de Afonso Becerra.

O responsable desta editorial, Víctor F. Freixanes, agradeceu esta nova colaboración e admitiu que as coleccións nas que se coeditarán novos títulos xa existían, pero apuntou "a sensibilidade" da nova Consellería de Cultura "por mantelas e acrecentalas".

TEXTOS INÉDITOS

Canto á colección 'Os libros do Centro Dramático Galego', coeditada con Xerais, en 2006, apóstase por dar un novo pulo á dramaturxia galega actual a través da publiación de textos inéditos de autores galegos contemporáneos que xa estean a ser representados.

Tamén continuará a colaboración entre Igaem e Xerais para a publicación das obras galardoadas co Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais, que este ano publicará 'Limpeza de Sangue', de Rubén Ruibal, gañador en 2005. Outro apartado é a tradución de destacados títulos da dramaturxia universal, que este ano incorporará 'Que pasou con Nora cando deixou ao seu home', da austríaca Elfriede Jelinek, Premio Nobel de Literatura 2004.

Pola súa banda, o responsable de Xerais de Galicia, Manuel Bragado, expresou a "satisfacción" pola sinatura do convenio de hoxe e "pola nova etapa de coedición". Apuntou que a edición de textos teatrais galegos, a pesar dos esforzos privados e públicos, "aínda presenta importantes carencias" e salientou as oportunidades que pode abrir o modelo de coedición. Asemade, avanzou que haberá unha aposta polos textos teatrais dirixidos ao público infantil.

COLABORACIÓN CULTURA E EDITORIAIS

A responsable autonómica e os directivos das principais editoriais galegas amosáronse a prol do modelo de coedición, no só como fórmula de apoio á dramaturxia senón tamén como medio para axudar a consolidar a industria editorial galega. Ánxela Bugallo admitiu que a fórmula de edición será "a fórmula básica de traballo" para que o seu departamento publique obras, xa sexan de teatro ou doutros ámbitos, xa que a edición propia concíbese baixo "criterios restrinxidos".

Ao respecto, o director xeral de Xerais e secretario da Asociación Galega de Editores, Manuel Bragado, lembrou a pretensión do sector de que, dentro da futura Lei Galega do Libro e da Lectura, a edición pública se faga con criterios de "austeridade, necesidade e pertinencia administrativa e cultural". Así, salientou que a Xunta poida ofrecer modelos como a coedición ou outros. Pola súa banda, o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, ao fío dos convenios asinados hoxe, aludiu a que as editoriais galegas cos seus traballos, nalgúns casos complementarios, poden "enriquecer", como neste caso, a oferta do teatro galego e a cultura en xeral. Asemade, considerou "fundamental" que o sector privado e as institucións públicas colaboren, como pode ser na coedición de obras, polo futuro da cultura e a viabilidade dos proxectos editorias.