Cultura rescatará todos os referentes femininos da cultura galega tomando como referencia a homenaxe a Rosalía

Actualizado: viernes, 19 mayo 2006 15:57

Bugallo anuncia o debut das seleccións femininas galegas de balonmán e baloncesto nos vindeiros meses

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 May. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Cultura e Deporte anunciou hoxe que tomará a homenaxe que realizou este ano a figura de Rosalía de Castro como "punto de lanza ou de partida" para recuperar e "sacar á luz" tódolos "referentes" culturais femininos galegos tanto históricos como actuais, ó considerar que é o mellor xeito de que a sociedad "visualice" o importe labor das mulleres nestes ámbitos.

"Existe unha xeración importante de creadoras galegas que, desgraciadamente, ata agora non tiveron o papel nen o recoñecemento que lle correspondía", denunciou na súa comparecencia ante a Comisión da Igualdade a titular de Cultura, Anxela Bugallo, quen para rachar coa "preocupante invisibilidade" da muller no ambito da cultura galega anunciou unha serie de medidas, na mesma dirección como a que levou a cabo este ano coa figura de Rosalía de Castro.

Bugallo enmarcou esta medida no obxectivo do departamento que dirixe de incorpora-la perspectiva de xénero en toda as políticas culturais do novo goberno galego. Así, asegurou que "rescatar" estes referentes abrirá "enormemente" os camiños de actuacións da consellería neste ámbito, xa que precisou que, na medida en que a sociedad "visualice" estes referentes femininos, é "máis doado" que as medidas que o seu departamento poña en marcha neste senso teñan "resultados satisfactorios".

Por estes motivos, esta consellería tomará como referente de actuación a labor de difusión realizada este ano coa figura de Rosalía de Castro a través do programa 'Rosalías'. Neste senso, Bugallo lembrou que o seu departamento conseguiu este ano recuperar a faceta de Rosalía de Castro como loitadora e reivindicadora do protagonismo da muller en todos os ámbitos e, deste xeito, acabar coa imaxe da que foi víctima tradicionalmente de "santiña e chorona" e de amosala coma "unha muller sometida ao seu home".

"Rosalía non estaba esquecida, pero si ateigada de tópicos", esgrimiu Bugallo para defender a labor do seu departamento para "visualizar" o papel da muller nos espazos públicos e que agora servirá de "punto de partida" para facer o mesmo con todas as mulleres creadoras galegas "históricas e actuais que serán recuperadas".

SELECCION FEMININA DE BALONMAN E BALONCESTO

Sen embargo, estas medidas de visualización da labor da muller non só estarán limitadas o ámbito da cultura, senon tamen doutra área que lle compete a esta consellería como é a do Deporte, onde lamentou que a súa presenza en licencias deportivas só supoña o 14%. Asemade, amosou a súa "preocupación" pola súa escasa presencia en postos técnicos ou directivos.

Para mudar esta situación, anunciou unha serie de políticas de discriminación positiva. En concreto, anunciou un incremento dun 15% das axudas a clubes femininos con categorías estatais, ao tempo que a Secretaría Xeral do Deporte "primará" nas súas colaboracións con equipos de deporte de élite aqueles que conten con equipos femininos.

Do mesmo xeito, a Secretaria Xeral para o Deporte instou ás federecións galegas a "axustarse" ás recomendacións da Lei Galega de Igualdade para que exista participación feminina nos seus órganos representantes.

Ademáis, anunciou que se está a refomar o programa de deporte escolar para crear equipos mixtos, a partires dos cales se tentará "dar un exemplo" para que se "abran camiños e portas" para a constitución deste tipo de equipos. Tamén avanzou medidas para que se equiparen os premios en metálico que se dan a homes e mulleres nas competicións.

Finalmente, anunciou que, tras a constitución da Selección Galega de Fútbol, debutarán "nos vindeiros meses" a selección galega feminina de baloncesto e balonmán.

INSISTIR NA VISUALIZACIÓN

As deputadas do BNG,PSdeG e PPdeG da comisión coincidiron na necesidade destas medidas por parte da Consellería de Cultura para que se "visualice a importante labor das mulleres" no ámbito da cultura e do deporte.

Mentres, a parlamentaria popular Susana López Aballá considerou necesario este tipo de medidas entre os máis cativos e a xuventude aos que atribuiu "o protagonismo da consecución da plena igualdade", ao tempo que incidiu tamén no papel dos medios de comunicación neste labor.

Pola súa banda, a socialista Laura Seara amosouse partidaria de crear unha Comisiónde Muller e Deporte ó tempo que incidiu que o "teito de cristal" na muller en moitos ámbitos profesionais se fixo "máis evidente" no da cultura, porque a reivindicación da súa presenza se produciu "más tarde" que noutros sectores.

Para a parlamentaria nacionalista Ana Pontón as medidas anunciadas por Bugallo "dan fe" da preocupación existente neste departamento para que así sexa e eloxiou medidas como a dos equipos mixtos, aínda que considerou necesario incidir máis nas facilidades de acceso da muller os postos de responsabilidade na cultura e deporte. En concreto, lembrou o "déficit" existente de presenza feminia nos órganos de dirección como o do Consello da Cultura Galega .