A Deputación da Coruña convoca o programa de subvencións de fomento pesqueiro para confrarías

Actualizado: jueves, 9 marzo 2006 19:14

A CORUÑA, 9 Mar. (EUROPA PRESS) -

A Deputación de A Coruña vén de convocar o programa de subvencións de fomento pesqueiro dirixido a confrarías de pescadores da provincia, a través da área de Promoción Económica, Emprego e Turismo. A convocatoria, que aparece publicada hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), divide as axudas en dúas liñas: para actividades e para infraestrutura e equipamento.

No relativo ás actividades, as subvencións estarán destinadas á realización de cursos para traballadores do sector pesqueiro, marisqueiro e de cultivos mariños; á investigación nos campos da acuicultura, contaminación do mar e outros que busquen a mellora das especies mariñas de interese comercial para Galicia; e para vixianza das autorizacións marisqueiras das confrarías.

Respecto ás infraestruturas, poderan solicitar axudas para a aplicación de novas técnicas e a modernización do proceso productivo e a comercialización dos produtos do mar; para equipamento de lonxas e oficinas das confrarías e para equipamento e explotacións de frío industrial.

Cada confraría poderá solicitar dúas subvencións, ámbalas dúas do mesmo programa ou unha para actividade e outra para infraestruturas. A Deputación concederá un máximo de 60.000 euros polo total das dúas solicitudes. O importe da axuda será de entre o 20 e o 80% do orzamento estimativo dos gastos.

Poderán optar ás axudas contidas na presente convocatoria as confrarías de pescadores da provincia da Coruña e maila federación provincial de confrarías. Entre outros requisitos, deberán estar legalmente constituidas, carecer de fins de lucro e desenvolver a súa actividad no ámbito territorial da provincia ou sobre temas de interese para a provincia. O prazo de presentación de solicitudes rematará o 10 de abril.