A Deputación da Coruña organiza do 23 de maio ao 9 de xuño o I Simposio de Escultura no Pazo de Mariñán

Actualizado: jueves, 18 mayo 2006 18:35

A CORUÑA, 18 May. (EUROPA PRESS) -

A Deputación da Coruña celebrará entre o 23 de maio e o 9 de xuño o I Simposio Internacional de Escultura, que se desenvolverá no Pazo de Mariñán, sede tamén doutros encontros promovidos pola institución provincial no ámbito da literatura e o arte.

Na presentación desta iniciativa, o deputado responsable da área de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, explicou que a institución provincial pretende convertir o pazo coruñés "nun lugar de creatividade e de encontro entre artistas".

Así, lembrou a convocatoria dos "Encontros coa Poesía e a Pintura", os "Encontros de Escritores"ou o taller de 'land art' celebrado o ano pasado, "iniciativa pioneira que foi o primeiro paso para a busca dun espazo en Mariñán adicado á escultura", indicou Celestino Poza.

Por outra banda, avanzou ademáis que a celebración deste I Simposio Internacional de Escultura coincidirá tamén neste recinto cos "III Diálogos Literarios de Mariñán"

No certame, coordinado por Manuel Gandullo, participarán os artistas Isaque Pinheiro, Manuel Patinha, Paulo Neves, Paco Pestana e Volker Schüttgen, que recibirán durante os 15 días de duración do evento as visitas de alumnos de numerosas escolas e institutos,das facultades de Belas Artes, escolas taller e centros de formación artística da provincia e de Galicia.

GRANDES DIMENSIÓNS

Poza destacou a "maior complexidade técnica" destas xornadas con respecto a outros encontros celebrados en Mariñán debido a que moitas das obras realizadas serán de grandes dimensións. Así, prevese a realización dunha escultura sobre un bloque de 12 toneladas de pedra e a creación doutra obra con máis de 4 metros de altura.

Pola súa banda, Manuel Patinha, un dos artistas participantes no evento, agradeceu a labor de promoción cultural da Deputación da Coruña e destacou a "gran calidade" dos artistas que van a participar no evento do que considerou que será un proxecto que "despertará un grande interese".

O escultor Paco Pestana, que non presentou maqueta da súa creación, anunciou que a súa obra será tamén de gran envergadura e realizada en madeira de castaño, pero que deixará que sexa o escenario dos xardíns de Mariñán o que lle "dicte" o que ten que facer. Segundo Pestana, con este evento " A Coruña contará con cinco pesos pesados da escultura a nivel internacional, que saberán estar á altura das circunstancias", indicou.