PONTEVEDRA 4 Ene. (EUROPA PRESS) -
A Deputación de Pontevedra convocará o vindeiro luns aos alcaldes dos concellos afectados polas actuacións que se acometerán para a recuperación da Vía Romana XIX, xa que tralo acordo acadado hoxe na Xunta de Goberno, o vindeiro febreiro se asinarán os convenios cos concellos para comezar os traballos de limpeza e mantemento da calzada a finais dese mesmo mes.
Segundo explicou hoxe o vicepresidente do ente provincial, José Juan Durán, esta iniciativa forma parte do proxecto europeo Vías Atlánticas, que conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros, dos cales o Feder aporta o 75 por cento e a deputación, un 25 por cento.
O obxectivo deste proxecto é converter o paso pola provincia de Pontevedra da antiga vía romana que unía Lugo e Braga nun itinerario trasnacional de valor histórico, arqueolóxico, cultural e artístico. Para iso, nos primeiros meses do 2006 a Deputación de Pontevedra vai iniciar as labores de limpeza e promoción desta ruta.
Trala primeira fase de sinatura dos convenios pertinentes, a Deputación sacará a concurso as medidas para promoción desta vía romana, entre as que se estuda a grabación dun DVD, a creación de xogos escolares e outros materiais promocionais destinados a súa valoración turística.