Directores de diversos xornais galegos participan hoxe en Santiago nas xornadas sobre "Comunicación identitaria"

Actualizado: lunes, 6 marzo 2006 10:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Mar. (EUROPA PRESS) -

Os directores dos principais xornais da comunidade galega serán os encargados de abrir hoxe en Santiago de Compostela a primeira mesa de debate das que integran as xornadas sobre "Comunicación identitaria", organizadas polo Club Internacional de Prensa.

Así, os directores de 'La Voz de Galicia', 'Faro de Vigo', 'La Región' e 'El Progreso', Bieito Rubido, Juan Carlos Da Silva, Alfonso Sánchez Izquierdo e Lois Caeiro, respectivamente, e o subdirector de 'El Correo Gallego', Luis Pousa, participarán na primeira mesa de debate programada.

As xornadas abriranse hoxe ás 18.00 horas, coa conferencia inaugural que o secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, impartirá na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago.

Nestas xornadas estarán presentes, ao longo dos cinco días de duración, todos os soportes informativos do mundo da comunicación, a través dos principais medios de Galicia. Así, ademais dos xornais, o martes analizarase o papel das axencias de comunicación, o mércores debatirase sobre o presente e futuro da prensa dixital, o xoves centraranse as exposicións na radio e, finalmente, o venres abordarase o labor das distintas televisións en Galicia.