Entrevista de Europa Press a Marisol López, secretaria xeral de Política Lingüística

Actualizado: domingo, 12 marzo 2006 12:33

"Na reforma do Estatuto pódense facer un reforzo do uso do galego, pero tense que recoñecer que en Galicia hai dúas linguas oficias"

"Non é ningunha tolería que os opositores teñan que facer os exames en galego e traballaremos para iso nas próximas convocatorias"

"En Galicia non hai conflictos como en Cataluña, pero se discrimina aos nenos galegofalantes"

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 12 Mar. (EUROPA PRESS) -

A secretaria xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Marisol López, amósase partidaria de "convencer" sobre a necesidade de empregar a lingua galega e, incluso, admitíu a posibilidade de aproveitar a reforma do Estatuto de Autonomía para introducir medidas que o "reforcen" pero sen modificar o feito de que na comunidade "hai dúas linguas oficiais".

Nunha entrevista concedida a Europa Press, Marisol López recoñeceu que é "optimista" e ve "esperanza" ante os datos referidos aos niveis de competencia lingüística --comprensión, capacidade para falar e escribir en galego e sobre uso--, aínda que sinalou que frente a extensión do bilingüismo hai que combatir a baixa consideración de monolingüismo en galego.

A nova responsable de Política Lingüística asegurou que "é importantísimo e fundamental transmitirlle á sociedade que a lingua é patrimonio de todos e non pode ser patrimonio de ningún grupo político". Comprometeuse a traballar nesa liña e rexeitou que as demandas a prol da lingua que fai o BNG poidan supor un risco de conflicto.

Márcase o obxectivo de "convencer" ás persoas que non usan o galego, pero que sí o coñecen e o saben escribir, de que "realmente a nosa lingua é util e que deben utilizala porque é unha maneira de identificarnos". Opinou que aínda hai "prexuizos" respecto ao galego e que hai que "seguir prestixiándoo", pero asegurou que se notan cambios nas actitudes da xente.

Ante as pretensións do BNG, socio do PSdeG no goberno da Xunta, de que na reforma do Estatuto de Autonomía se recoñeza ao galego "como a lingua oficial propia de Galicia" por riba do castelán, Marisol López advirtiu de hai que recoller que na comunidade "hai dúas linguas oficiais", pero aceptou "que se pode incluir algún tipo de garantías en aspectos determinados que reforcen o apoio ao galego".

"Non creo que coa incorporación deses aspectos no Estatuto se solucione o problema do galego, se fose así sería fácil", declarou Marisol López. Na súa opinión, a estratexia debe ser "convencer á sociedade, aos falantes, de que podemos utilizar o galego e que debemos facelo porque para nós é un signo de identidade".

"UNA ATROCIDADE PRESCINDIR DOUTRAS LINGUAS"

Frente ao modelo de 'bilingüismo harmónico' defendido pola anterior Xunta, a nova secretaria xeral de Política Lingüística defendeu que "o galego é a lingua propia de Galicia, que debería empregarse maioritariamente e como lingua habitual". Así, advirtíu de que "sería unha atrocidade o prescindir doutras linguas, entre elas, o castelán", xa que "estamos nun mundo globalizado".

Marisol López tamén sinalou que "a liberdade de cada un dos falantes está claro que hai que respetala". Por iso, explicou que as accións de Política Lingüística están encamiñadas a que, ao estar "nun país bilingüe", hai que "compaxinar" os dereitos dos falantes, tanto de quenes empregan o galego como dos que usan o castelán.

Na súa opinión, os "axustes" que se están a realizar na normativa do galego nos últimos anos "non poden ser xustificación" para non usar esta lingua, xa que "non hai unhas diferencias excesivas" entre a denominada 'Normativa da Concorcia' e a anterior.

Insistiu en que no eido individual "non se pode impoñer unha lingua", pero que outra cousa é o que ten que ver coa sociedade no seu conxunto. Lembrou a intención do seu departamento de desenvolver o previsto no Plan Xeral de Normalización de Lingua Galega (PXNLG) en distintos ámbitos, de xeito que no 2006 afronta o Programa Operativo coa idea de crear unha Comisión Interdepartamental e de avanzar nun posible Pacto pola Lingua.

A secretaria xeral precisou que na política lingüística a desenvolver pola Xunta hai unha liña de medidas "de transición", xa que se considerou "que resultaba moi difícil cambiar ou eliminar" algunhas ordes ou accións en marcha, pero asegurou que o tamén "se está traballando en novas actuacións".

Explicou que se está a redactar o borrador para a constitución dunha Comisión Interdepartamental, que terá a finalidade de "coordinar primero a Administración". Detallou que hai que "ver qué é o que falta, estudar necesidades e ir poñendo solucións".

OPOSICIÓNS EN GALEGO

En canto ao uso do galego nas probas de acceso á función pública, Marisol López explicou que na actual convocatoria, ante a posibilidade de que poidese haber algún recurso por algún problema legal, a Consellería de Presidencia optou por "ser prudente" e por dar a indicación de que os exames tipo test se repartan en galego e quen queira facelo en castelán que o pida.

Ante a idea de que as probas tipo test das oposicións sexan en galego, afirmou que "cre que non era ninguna tolería" porque o opositor "só ten que ler e entender a pregunta" e lembrou que aos aspirantes a funcionarios da Administración autonómica "se lles pide o dominio do galego".

Recoñeceu que, se nesta convocatoria hai un número maioritario de opositores que piden facer as probas en castelán, iso "faría reflexionar" ao seu departamento, ainda que advertíu de que pode estar derivado do xeito en que as academias teñan preparado aos seus alumnos. En calquer caso, López afirmou que se prepara unha modificación da lei de acceso á función pública para posibilitar que as probas se fagan en galego nas vindeiras convocatorias, pero " respetando os dereitos individuais".

RESPETO AOS NENOS GALEGOFALANTES

En relación co uso do galego no ensino, Marisol López opinou que a normativa non permite conflictos como en Cataluña, onde hai denuncias para que se ensine en castelán, pero recoñeceu que en Galicia se segue a discriminar aos nenos galegofalantes. Considerou "fundamental intervir" na Educación Infantil e na Primaria, así como nas familias, para "cambiar hábitos" que fan que no rural a lingua materna da maioría dos nenos é o galego mentras que nas cidades é o castelán. Frente a unha posible separación en grupos segundo cal sexa a lingua materna dos nenos, Marisol López avogou por "outro tipo de estratexias para que falen unha e outra lingua, interactuando, pero primando o galego". En canto a situación na Educación Secundaria e no Bacharelato, onde hai un decreto que fixa materias en galego, defendeu que "hai que facer que se cumpra a lei". A secretaria xeral avanzou que o Política Lingüística e a Consellería de Educación constituirán este ano unha comisión para analizar e dispor de datos deste curso sobre o cumprimento do decreto e, con eles, preparar as actuacións para o ano académico 2006-2007.

Outra das apostas de Política Lingüística é o conseguir un Pacto pola Lingua que, segundo López, é unha iniciativa a preparar ao longo deste ano para "poder escenificala, probablemente, a principios de 2007". Defendeu que é "necesario aglutinar e convencer" aos grandes empresarios, aos sindicatos e as asociacións sobre o apoio ao galego.

A secretaria xeral asegurou que "o pacto farase ainda que non esté algún empresario", pero insistiu en que a pretensión é "aglutinar ás empresas representativas". Recoñeceu que para acadar este obxectivo recurrirase ás subvencións e aos convenios de colaboración, no senso, de apoiar iniciativas perecedeiras, como pode ser un cartel, pero que tamén inclúan "algo que vaia quedando" como o uso do galego nunha web ou na rotulación. "Nesa liña estamos traballando e esperamos poder amosar resultados concretos", asegurou.