OS PEARES (OURENSE), 16 (EUROPA PRESS)
O presidente da Xunta e candidato do PP, Alberto Núñez Feijóo, elixiu a súa localidade natal de Os Peares para anunciar a ampliación do "imposto cero" no rural tamén para a compra de vivenda por parte de mozos, familias numerosas, e familias con persoas en situación de minusvalidez.
"Aquí ninguén me chama presidente, son o neto da señora Eladia ou, como moito, o fillo de Sira e Saturnino", proclamou Feijóo, quen pediu, emocionado, o voto para o PP o 25 S. Fíxoo, no que cualificou, como "o acto máis importante da súa campaña", e unha reivindicación do rural como "motor identitario, social e emocional", de Galicia.
Feijóo presentou polo seu nome a varios dos seus veciños, aos que definiu como "xente sabia" e subliñou que no seu pobo aprendeu "máis que en calquera universidade", antes de lanzar unha mensaxe aos nacionalistas: "Ninguén ten a patente de Galicia. Galicia somos todos".
(HABERÁ AMPLIACIÓN)