O filme de Continental 'Os aires difíciles' leva o premió á mellor película no festival de málaga

Actualizado: sábado, 25 marzo 2006 14:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Mar. (EUROPA PRESS) -

O filme 'Os aires difíciles', dirixida por Gerardo Herrero e coproducida pola galega Continental, acaba de recibir no Festival de Málaga o premio principal do certame, a Biznaga de Ouro á Mellor Película.

A película, baseada na novela de Almudena Grandes do mesmo título, está protagonizada por José Luis García Pérez, Cuca Escribano, Carme Elías e Roberto Enríquez, e tamén conta coa participación de actores galegos como Monti Castiñeiras e Celia Freijeiro. Precisamente parte do equipo da película encabezado polo director e a actriz Carmen Elías estiveron o pasado luns 20 de marzo na Coruña presentando o filme ante os medios galegos.

O Festival de Málaga é o certame cinematográfico adicado ao cine español máis importante do ano, no que compiten en cada edición as mellores producións do cine español recente, servindo ademáis de plataforma para a difusión e promoción da cinematografía española.

Este é o segudo ano que unha película dirixida por Gerardo Herrero (tamén producida por Continental e Tornasol) recibe un premio no festival, xa que "Heroína" fíxose o pasado ano cos premios ao mellor director e mellor guión.

'Os aires difíciles', tamén coproducida pola madrileña Tornasol Films e a andaluza Maestranza Films, está xa nas salas comerciais, e pódese ver en toda Galicia en castelán e tamén na súa versión galega en cines de A Coruña, Pontevedra e Ourense.