Letras Galegas.- A Real Academia Galega pedirá que o novo Estatuto de Autonomía inclúa o "deber" de coñecer o galego

Actualizado: miércoles, 17 mayo 2006 17:15

A institución académica lembrou nunha sesión extraordinaria a figura de Manuel Lugrís, xornalista, escritor e defensor da lingua galega

SADA (A CORUÑA), 17 May. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro, reclamou hoxe, no seu discurso do acto institucional con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas, que o novo Estatuto de Autonomía de Galicia otorgue a língua galega unha oficialidade "plena e sen reservas" que inclúa o "deber" de coñecela e que a blinde "contra toda minoridade ou minusvalía" nun mundo globalizado.

O Auditorio Museo Carlos Maside, en Sada (A Coruña) acolleu hoxe a sesión plenaria extraordinaria e pública coa que a Academia conmemorou a data adicada á literatura e lingua galega, instaurada en 1963. A sesión tivo como protagonista a Manuel Lugrís, persoeiro ao que se rinde homenaxe este año.

Ao acto, acudiron diversos persoeiros do mundo da política, entre eles, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e outros membros do goberno galego, como a conselleira de Cultura, Anxela Bugallo e o da Presidencia, Xosé Luis Méndez Romeu, así como a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López e persoeiros do mundo da cultura, da política e doutros ámbitos sociais.

Na súa intervención, Barreiro avanzou que a RAG pedirá, na súa comparecencia no Parlamento de Galicia sobre o debate do Estatuto de Autonomía, que se corrixan as "lagoas" do actual texto "que imposibilitan unha plena normalización", apuntou. Así, sinalou que a ausencia do deber de coñecer o galego "premia a rutina que arrastramos dunha situación preconstitucional que era abertamente hostil á lingua galega".

RECOÑECEMENTO A RAG

Tamén manifestou que pedirá que se incorpore ao Estatuto galego o recoñecemento do que xa goza a RAG "como autoridade única e independente en todas as cuestións de norma lingüística". Asemade, indicou que demandá que se dote a esta institución de recursos materiais, económicos e humanos para poder realizar a súa función.

Por outra banda, suxeriu que na planificación do 2007 o Executivo galego priorice medidas contidas no Plan Xeral de Normalización de Lingua Galega (PXNLG) como Pacto pola Lingua, "impulsado directamente polo presidente da Xunta", precisou.

O presidente da RAG reclamou tamén que os actos xurídicos documentados e as relacións xurídicas e notariais da Administración que se refiran a actividades de ámbito galego se redacten normalmente en lingua galega e que as axudas públicas produzcan "un aumento efectivo da presencia do galego na entidade receptora", así como que se avalie o cumprimento do mesmo.

Barreiro pediu tamén que se aproveiten as novas tecnoloxías para impulsar o galego e a posta en marcha da "oferta positiva e informativa", que afectaría aos funcionarios de todas as administracións, notarías e xestorías.

SEMBLANZA DE LUGRIS

No acto, interviron tamén os académicos Xosé Luis Axeitos, Xosé Neira Vilas e Xesús Ferro Rubial, que fixeron unha semblanza do homenaxeado este ano. Xosé Luis Axeitos asegurou que a elección de Lugrís tivo que ver máis co "seu compromiso social e político" que coa calidade literaria da súa obra. Cualificou tamén a súa vida e a súa obra como "unha entrega total a prol das reivindicacións de Galicia" .

Pola súa banda, Xosé Neira Vilas o definiu como "un fervoroso defensor" do galego e engadiu, en referencia a súa etapa na emigración, que "converteu a saúdade en enerxía creadora". Mentras, Xesús Ferro Rubial, a través de unha carta apócrifa de Manuel Lugris aos galegos, fixo, como os anteriores académicos, unha semblanza de Manuel Lugrís como xornalista, escritor e impulsor de iniciativas a prol de Galicia e do idioma.

Rubial o considerou un "pai da patria" e se preguntou tamén se Galicia sería hoxe unha nacionalidade histórica "sen a lingua galega, a Cova Céltica ou o primeiro Estatuto de Autonomía", no que participou o homenaxeado hoxe, do que dixo que "ningún especialista superará a súa visión de conxunto".

Por outra banda, este académico aproveitou o acto de hoxe, para en nome de Lugrís, pedir aos políticos que na redacción do novo Estatuto pensen "que sen lingua galega non hai Galicia e sen o galeguismo non hai autonomía".

O acto contou coa presencia de numerosos persoeiros da vida cultural, entre eles Isaac Díaz Pardo, xa que nas instalacións do Grupo Sargadelos se celebrou o acto de hoxe. Durante o mesmo, tivo que ausentarse a académica Xohana Torres, que sufriu unha indisposición.

VIDA E OBRA

A vila de Sada acolleu este ano os actos organizados pola Real Academia Galega, en colaboración co Grupo Sargadelos, por ser o lugar no que naceu o autor ao que este ano se adica o Día das Letras Galegas. Lugrís naceu nesta localidade coruñesa o 11 de febreiro de 1863 e morreu o 15 de febrerio de 1940 na cidade da Coruña.

Fundador en Cuba do primeiro xornal escrito integramente en galego (A Gaita Gallega, 1885-89), Lugrís foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega e o seu presidente entre o 28 de abril do 1934 e o 20 de agosto do 1935, ademais do primeiro en usar en público o galego nun mitin, en 1907 en Betanzos nun acto do Sindicato Solidaridad Gallega do que fora fundador. Asemade en 1916 participou na constitución da Irmandade da Fala da Coruña.

O plenario da Real Academia Galega acordou, o pasado 2 de xullo de 2005, dedicarlle o 'Día das Letras Galegas de 2006' pola súa contribución en defensa do idioma galego. Na súa opinión, a biografía e a obra de Lugrís mostran "unha vida de total entrega á dignificación e á normalización da lingua galega, sempre unida á defensa de Galicia, para o que participou na creación de moi diversas entidades políticas e culturais".

Ademais do principal acto institucional do "Día das Letras Galegas", a vila de Sada acolleu tamén outras actividades nas que se homenaxeou a Manuel Lugrís Freire, neste caso organizadas polo Concello como un concerto. Esta tarde, a partir das 19.00 horas, haberá un acto cultural no que se repasaráa obra do homenaxeado.