A localidade oleirense de Lorbé (A Coruña) celebrará mañá a XVI Festa do Mexillón

Actualizado: sábado, 5 agosto 2006 18:01

A CORUÑA, 5 Ago. (EUROPA PRESS) -

A localidade oleirense de Lorbé (A Coruña) celebrará mañá domingo a XVI edición da Festa do Mexillón cun calendario de actividades no que destaca a relización de diversos eventos musicais e gastronómicos.

Así, a festa comezou o xoves cunha gran sardiñada popular, acompañada de productos típicos da terra e a pasada xornada tocoulle o turno ao churrasco.

Para esta fin de semana está programada unha sesión de alboradas que correrá a cargo do Grupo de Gaitas 'A Marola', de Mera, encargada de percorrer dende ás 8.00 horas algunhas das principais rúas da localidade.

Logo da misa solemne haberá unha actuación do Coro e Rondalla da SRC Amigos de Lorbé. Pola tarde, celebrarase a tradicional procesión da Virxe do Carme, que será trasladada ata o porto onde se oficiará unha cerimonia relixiosa na súa honra. Pola noite, Superfama amenizará a velada poñendo punto e final ós actos da xornada.

Pero o día máis esperado será o domingo coa celebración da XVI Festa do mexillón, símbolo distintivo por excelencia desta localidade, dentro e fóra do termo municipal. A degustación gastronómica deste bivalvo dará comezo ás 18.00 horas e todos os que se acheguen ata alí poderán probar e comprobar as diferentes maneiras de elaborar e preparar tan exquisito manxar.