A Mesa pídelle ao novo alcalde da Coruña que non imite a Francisco Vázquez nos "insultos" ao galego e que "dialogue"

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 29 marzo 2006 18:10

A CORUÑA 29 Mar. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, instou hoxe ao alcalde da Coruña, Javier Losada, a non ser unha "fotocopia" do ex rexedor municipal, Francisco Vázquez, nos "insultos e descalificacións da língua galega", indicou antes de presentar no rexistro do Concello un escrito solicitandolle unha entrevista.

Nel, a Mesa pola Normalización Lingüística expresa tamén a súa vontade de "abrir unha liña de diálogo" coa institución municipal de cara ao cumprimento na cidade da lexislación lingüística e as sentencias xudiciais sobre o topónimo.

O presidente da Mesa pediulle hoxe ao alcalde herculino que cumpra o Estatuto de Autonomía en vigor e a Lei de Normalización Lingüística e insistiu en que por parte desta organización hai "moito interese en que dunha vez se supere unha situación fora de tempo e de lugar", sinalou en referencia ao conflito sobre a denominación da cidade.

Callón precisou tamén que "independentemente do topónimo que utiliza a xente, a inmensa maioría desexa que esta situación se supere" e engadiu que na cidade "hai problemas que necesitan máis do investimento", indicou en alusión aos gastos dos recursos presentados polo Concello contra as sentencias xudiciais favorables aos criterios defendidos pola Mesa sobre o uso do topónimo en galego.

Respecto ao estudio do Consello da Cultura Galega que constata que os cidadáns de A Coruña utilizan máis o galego que os de Vigo e Ferrol, Callón asegurou que outros traballos "van nese camiño" e recordou que esta cidade foi "berce" de movimentos en defensa do galego, entre os que citou as Irmandades da Fala.

"A cidade foi faro moitas veces da defensa da língua galega e o que supón unha ruptura nese faro son os gobernos municipais de Francisco Vázquez", precisou en alusión a postura que defendeu durante o seu mandato o ex rexidor coruñés.

Contenido patrocinado