SANTIAGO DE COMPOSTELA 9 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, acollerá desde hoxe e ata o 19 de marzo, unha exposición con 50 fotografías realizadas por Peter Schneider coas que recolle "a máxia" de varios castros de Galicia e de Asturias. A mostra ten carácter itinerante e tras a súa estancia na capital gallega percorrerá outros puntos de Galicia.
Baixo a denominación de 'O pais dos mil castros', o público que acuda ao Museo do Pobo Galego poderá ver as fotografías de doce castros existentes en Galicia e de outro de Asturias. As obras están realizadas en branco e negro, cun material negativo que aumenta o expectro visible.
O autor das fotografías, Peter Schneider explicou a Europa Press que descubriu os castros hai 20 anos e que cando no 2002 afrontou a realización dun novo proxecto artístico pareceulle "moi interesante" fotografiar estes elementos para "poñelos en valor".
Este fotógrafo alemán, ainda que afincado en Lugo, realizou as fotografías dos castros durante máis de tres anos, coincidindo cunha época na que estivo vivindo en Malpica (A Coruña). Segundo explicou o propio autor, tratou de facer fotografías "con imaxes máxicas" para poñer en valor os castros, uns elementos que lle parecen "preciosos".
DE INTERESE
Peter Schneider opinou que a exposición 'O pais dos mil castros' é unha forma "de poder valorar as cousas" e salientou que a súa temática pode ser de interese para persoas vencelladas ás áreas científica e da historia, pero tamén as que teñan interese pola paisaxe e ao público en xeral.
O proxecto desta exposición partíu do Consello Galego de Musoes que dende hai dous anos tratou derecabar os apoios necesarios para levalo á práctica. Así, logrou o patrocinio da Fundación Caixa Galicia que permitiu que o Museo do Pobo Galego xestionase a mostra e que a Fundación Marcelo Macías asumise a edición do catálogo co apoio da Consellería de Cultura e Deporte.
De feito, no catálogo, saliéntase que as fotografías de diferentes castros, co valor documental propio da fotografía de paisaxe sobre o que hai que suliñar o valor estético, permiten contar cunha exposición na que estes elementos arqueolóxicos "aparecen baixo unha luz máxica".