PONTEVEDRA 22 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel será un dos relatores da XXIII Semana Galega de Folosofía que organiza a Aula Castelao, que, baixo o título 'Filosofía e Violencia', tamén contará coa participación do sociólogo francés Edgar Morin, a filósofa Fina Virulés, oo xurista Iñaki Rivera.
A XXIII Semana de Fisosofía comezará vindeiro 17 de abril, cando está prevista a intervención de Pérez Esquivel, cuxa asistencia concretouse a través da mediación do alcalde de Poio, Luciano Sobral, e mailo ex concelleiro de cultura, Xosé Martínez, segundo explicaron dende a Aula Castelao.
A Aula Castelao acaba de incorporar tamén como novos membros de honra aos últimos ex presidentes do colectivo, é dicir, Ramón Regueira, Domingos García e a actual secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Carme Adán. Así mesmo, dende 2004 incorporáronse como membros de honra o escritor Xosé Luis Méndez Ferrín, Celia Amorós, James Petras e Emilio Lledó.
A categoría de membro de honra da Aula Castelao de Filosofía inclúe a outros persoeiros como o escritor José Saramago, Isaac Díaz Pardo, Georges Labica ou Roger Garaudy, ademais dos xa falecidos Carlos Lérena, Gregorio Selser, Carvalho Calero, Faustino Cordón e López Aranguren.