O prazo de presentación de orixinais do premio de poesía "González Garcés" remata o vindeiro sábado

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 10 abril 2006 15:26

A CORUÑA 10 Abr. (EUROPA PRESS) -

O vindeiro sábado remata o prazo de presentación de orixinais para a XIII edición do Premio de Poesía "Miguel González Garcés", convocado pola Deputación da Coruña, segundo informou hoxe esta institución nunha nota de prensa.

O premio está dotado con 6.500 euros, ademáis da publicación da obra seleccionada por parte da institución provincial. Optarán ao premio aqueles autores de calquera nacionalidade que presenten obras inéditas e que non teñan sido premiadas con anterioridade. Deberán estar escritas en lingua galega.

As obras, de tema libre, deberán ter unha extensión de máis de trescentos versos e presentaranse por quintuplicado, en exemplares separados. O tamaño será Din A4, por unha soa cara, e as copias deberán ir numeradas, grampadas ou encadernadas, baixo un título e un lema.

Contenido patrocinado