SANTIAGO DE COMPOSTELA 29 Sep. (EUROPA PRESS) -
Os ceos en Galicia presentarán hoxe intervalos nubrados, con chuvascos, máis probables pola mañá na metade sur. A Comunidade galega está esta xornada baixo a influencia dunha borrasca centrada ao oeste de Irlanda.
Segundo a información de MeteoGalicia, os ventos soprarán frouxos en xeral e de compoñente sudoeste. As temperaturas mínimas permanecerán sen cambios significativos, mentres que as máximas baixarán lixeiramente.
A máxima rexistrarase hoxe en Ribadeo, con 24 graos, e o resto de valores oscilarán entre os 22 graos de varias localidades e os 20 graos de Vigo, Fisterra e Santiago.
Por outra banda, a temperatura máis baixa corresponderá esta xornada a Monforte, Verín e Lalín, con 14 graos, mentres que no resto de localidades as mínimas oscilarán entre os 15 graos de Ourense. Lugo e Santiago e os 18 graos de Ribadeo e Viveiro.