O Premio de Poesía Caixanova acada este ano a súa quinta edición e concederá 10.000 euros e a publicación da obra

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 28 agosto 2006 14:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Ago. (EUROPA PRESS) -

O Premio de Poesía Caixanova, que acada este ano a súa quinta edición, leva aparellada unha contía de 10.000 euros e a publicación de obra gañadora na colección de Arte de Trobar. O prazo de admisión de traballos para esta nova convocatoria finaliza o 31 de outubro de 2006.

Segundo indicou hoxe a caixa galega, este certame converteuse nun importante referente do panorama literario galego, tras otorgar, nas súas anteriores edicións, o seu galardón a poetas da talla de Xavier Seoane, María do Cebreiro, Román Raña e Arcadio López Casanova.

Este premio de poesía xurdiu en 2002 froito da colaboración entre o PEN Clube-Escritores de Galicia e Caixanova. O galardón é un e indivisible, sendo o que de contía máis importante entre os premios de poesía que se convocan en Galicia, e unha das máis altas a nivel nacional.

A presente convocatoria fallarase a derradeira semana do mes de novembro e a él poden concurrir os poetas que o desexen presentando unha obra escrita en lingua galega cunha extensión mínima de 600 versos que non poderá estar concurrindo simultaneamente a outro concurso.

BASES

As bases, que poderán consultarse na páxina web da entidade (www.caixanova.es), recollen que as obras deberán presentarse por quintuplicado, mecanografiadas e a dous espacios, que o prazo de admisión finaliza o 31 de outubro de 2006, e que os orixinais non premiados non serán devoltos. O xurado, como en anteriores convocatorias, estará formado por persoas de recoñecido prestixio no ámbito da literatura galega. Ademais do premio de 10.000 euros, o gañador verá cómo a súa obra se publica na colección Arte de Trobar, coeditada por Caixanova e o Pen Clube de Galicia.

Caixanova recalca que este premio é unha manifestación máis "do seu decidido apoio á literatura e á lingua galega", que se reflicte, entre otras moitas e orixinais accións, na posta en marcha no Centro Social Caixanova en Vigo dos novidosos obradoiros de literatura, de poesía, e do curso "Literatura galega en dez leccións".

Contenido patrocinado