A publicidade institucional na sociedade da información centrará mañá unhas xornadas coa asistencia de 200 profesionais

Actualizado: jueves, 29 junio 2006 19:05

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Club Internacional de Prensa, dependente da Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta, organiza para mañá en Santiago de Compostela unhas xornadas nas que participarán 200 profesionais para debater acerca da pubicidade institucional na sociedade da información.

O acto de inauguración será ás 11 da mañá e correrá a cargo do secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, e do director xeral da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta, José Vicente Alvariño Alejandro. Os 200 profesionais que participarán nestas xornadas desenvolven a súa traxectoria nas áreas da publicidade e a comunicación, entre outras.

O programa previsto trae a Galicia destacados profesionais do sector, tanto dende a óptica xurídica como dende o propio sector publicitario para abordar cuestións como apublicidade institucional; a información versus publicidade; os principios básicos da publicidade institucional; a marca de país: Galicia diante da sociedade global; ou a sociedade mediática, entre outros.

Expertos como Carlos Lema Devesa, catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense de Madrid; Carlos Fernández-Nóvoa, catedrático de Dereito Mercantil na USC; Jesús Timoteo Álvarez, catedrático de Xornalismo da U.C.M; e o presidente da Asociación de Axencias de Medios, Jesús Muñoz, intervirán

A Xornada contará tamén coa participación de importantes profesionais do sector en Galicia, como o secretario técnico de Autocontrol da Publicidade Anxo Tato Plaza, e o secretario da Asociación Provincial de Axencias de Publicidade de A Coruña, Miguel Conde Lobato, e tamén os profesionais do sector, docentes da materia, serán quen presenten ós relatores e moderen a mesa redonda da tarde.