Renóvase a web da Cidade da Cultura para abrir o proceso participativo a todos os cidadáns

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 20 julio 2006 22:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Jul. (EUROPA PRESS) -

A Fundación Cidade da Cultura puxo hoxe en marcha a nova web do complexo de Gaiás, en Santiago de Compostela, na que abre a posibilidade de que calquera cidadán participe no debate do proceso de redefinición dos usos e contidos da Cidade da Cultura.

Segundo informou o departamento que dirixe Anxela Bugallo, estas opinións complementarán as reflexións que desde o mes de maio están a levar a cabo diferentes persoeiros e representantes do sector cultural galego.

O novo sitio, www.cidadedacultura.org, inclúe información polo miúdo do estado da execución das obras e dos orzamentos investidos e ten como obxectivo crear unha canle de información permanentemente actualidad sobre o proceso de redefinición, así como facer un seguimento dos avances na construcción dos edificios e achegar transparencia respecto da execución orzamentaria.

Contenido patrocinado