Santiago acollerá a vindeira semana o V Festival de Contrabaixo 'Ludwig Streicher', no que participarán 26 alumnos

Actualizado: jueves, 29 junio 2006 15:38

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

O Festival de Contrabaixo "Ludwig Streicher" celebrará a súa quinta edición do 3 ao 10 de xullo na sede da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), en Santiago de Compostela. Este evento combina unha parte sesión lectivas de caracter teórico e práctico, ás que asistirán 26 alumnos procedente de diferentes puntos do Estado, que se complementarán cun programa paralelo que inclúe conferencias e concertos abertos ao público xeral e de entrada libre.

Segundo informou hoxe o Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), este ano incorporase o recoñecido contrabaixista vienés Wolfgang Harrer como parte do profesorado, que encabeza o mestre catalán Ferrán Sala.

A AIE (Artistas, Intérpretes y Ejecutantes Sociedad de Gestión) colabora coa Escola de Altos Estudos Musicais, centro que xestiona a Consellería de Cultura e Deporte a través do IGAEM, na organización deste festival, que naceu grazas á iniciativa dun grupo de antigos alumnos do desaparecido mestre austríaco Ludwig Streicher na Escuela Superior Reina Sofía de Madrid. Carlos Méndez, contrabaixo principal da Real Filharmonía de Galicia e profesor da Escola, coordina o encontro.