Santiago conta cunha nova guía sobre o comercio e as tendencias da cidade, posta en marcha por dúas emprendedoras

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 28 junio 2006 19:01

SANTIAGO DE COMPOSTELA 28 Jun. (EUROPA PRESS) -

O comercio e o estilo de vida na capital galega son o eixo dunha nova publicación-guía, que leva por nome "SantiaGO!" e foi posta en marcha por dúas emprendedoras, Rosa Rodríguez e Raquel Peláez, coa colaboración da Concellaría de Promoción Económica e co patrocinio de Turismo de Santiago.

Segundo as responsables do proxecto, a revista é "unha guía de compras, un magazine de tendencias e estilos de vida; que amosa a Compostela máis trendy e que permitirá atopar a oferta máis interesante e distinguida dos establecementos comerciais composteláns".

O concelleiro de Promoción Económica de Santiago, Xosé Manuel Iglesias, sinalou que esta nova publicación reíne "tradición e modernidade" e reflicte "o crecemento da cidade no ámbito que toca". Tamén insistiu no carácter innovador da revista o xerente de Incolsa-Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, quen resaltou que vén a "ocupar un lugar no que ata agora existía unha lagoa".

Incolsa vaise ocupar da promoción da revista e da tradución ao inglés desta publicación, que nace cunha vocación de combinar esta lingua co galego e co castelán. A revista editará 3.000 exemplares na súa primeira tirada, se ben as súas promotoras agardan alcanza os 5.000 números na segunda. Distribuirase nos espazos de Incolsa, entre os anunciantes e en hoteis e outros establecementos da cidade. Terá catro números anuais.

Contenido patrocinado