SANTIAGO DE COMPOSTELA 23 Feb. (EUROPA PRESS) -
O Teatro Principal de Santiago de Compostela acollerá esta fin de semana a adaptación de Lino Braxe sobre o clásico teatral 'Hamlet', de Wiliam Shakespeare. As representacións, que contan co apoio da Concellalía de Cultura, terán lugar ás nove da noite mañá, o sábado e o domingo.
Lino Braxe encargouse da adaptación do texto, da dirección da obra e conta cun papel na representación, ainda que o elenco de actores está composto por Luís Tosar, Gonzalo Uriarte, Manuel Manquiña, Víctor Mosqueira, Xavier Estévez, Iolanda Muíños, Flor Maceiras, Xosé Vilarelle, Miguel Pernas, Manuel Areoso, Belén Constenla e Marcos Vieitez.
A produción deste 'Hamlet' está chamada a ser "un dos grandes referentes no panorama teatral galego no século XXI", segundo os promotores esta representación.
A compañía RTA Producións asumiu o reto de encarse da primeira montaxe profesional que se fai en Galicia deste texto de Shakespeare e o fai desde a iniciativa privada, conxugando harmonicamente os elementos creativos e comerciais; dun xeito imaxinativo, coa vontade de facer un espectáculo que teña unha gran proxección, que convulsione a escena galega e a do resto de España.