Un total de 16 centros impartirán unha liña educativa en galego nun plan pioneiro que inclúe a 800 alumnos de 3 a 5 anos

Actualizado: martes, 29 agosto 2006 15:44

Educación lembra que son os pais os que decidan se matriculan aos seus fillos nesta iniciativa ou no ensino en castelán

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Ago. (EUROPA PRESS) -

Un total de 16 centros escolares públicos de Galicia comezarán este curso 2006-07 a impartir unha liña educativa en lingua galega que abranguerá a 800 alumnos de infantil de 3 a 5 anos de idade co fin de fomentar a ensinanza en galego no marco dunha iniciativa pioneira que pon en marcha por primeira vez a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

En rolda de prensa, a titular da consellería, Laura Sánchez Piñón, indicou hoxe que os centros participantes neste proxecto pioneiro sitúanse seis na provincia de A Coruña, sete na de Pontevedra, dous en Ourense e un en Lugo. Son colexios nos que se cursa segundo ciclo de educación infantil e que contan con, a lo menos, dúas liñas educativas e contan coa autorización dos pais ou titores do alumnado.

Ademis, destacou que serán os pais os que decidan si escolarizan aos seus fillos na liña de galego ou en castelán nos citados colexios. Nalgúns casos, as preinscripcións incluían xa este curso un recadro para marcar esta nova opción.

Segundo explicou Sánchez Piñón, o 50 por cento dos colexios están en núcleos urbanos de Coruña, Lugo, Ferrol, Ourense e Vigo, mentres que o resto atópanse en localidades con una poboación importante como Baiona, Cambados e Porriño. Ao respeito, comentou que se trata dunha inciativa encamiñada a zonas urbanas e periurbanas, xa que no ámbito rural a maior parte da educación infantil estase impartindo en galego.

Nesta liña, a titular de Educación lembrou que esta iniciativa e as 'galescolas' promovidas pola Vicepresidencia da Xunta para nenos de 0 a 3 anos "son etapas sucesivas" polo que, destacou, dende finais do curso pasado, traballan en coordinación co citado departamento nos dous proxectos.

AMPLIACIÓN

No curso 2006-07 ofertarán nalgúns casos unha liña completa entre 3 e 5 anos, outros unha ou dúas unidades coa intención de "amplialos en vindeiros cursos", precisou a conselleira. Neste senso, subliñou que se vai garantir, sempre que o centro o solicite, "que se continúe co proxecto" en próximos cursos.

Asemade, a responsable da Administración educativa apuntou que a vontade da Xunta radica en potenciar que este proxecto teña continuidade en vindeiros cursos escolares e adiantou que no futuro "vanse sumar outros centros".

Neste senso, a subdirectora de Educación, Victoria Navaza, destacou a "boa acollida" do proxecto e asegurou que terá ampliación no futuro nas zonas urbanas xa que centros con catro liñas educativas esperan contar coa metade en lingua galego o vindeiro curso 2007-08.

Na actualidade Galicia suma 2.143 aulas de educación infantil, moitas delas cunha única liña que se imparte en galego. Así, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, María Xosé Pérez Mariño, indicou que xa o 50% estase impartindo en galego.

FORMACIÓN

Con motivo desta iniciativa, a conselleira de Educación garantizou a formación a todos os mestres "que teñen que dominar as dúas linguas". "Terán unha formación específica dentro dun proxecto e materiais de apoio específico", engadiu.

Por outra banda, tamén co fin de fomentar o galego no ensino, e en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, convocaranse 10 proxectos de innovación en lingua galega. A iniciativa vai dirixida a centros de secundaira co fin de implicar a toda a comunidade educativa, promovendo o emprego do galego fóra do ámbito estrictamente académico, fomentar o ensino da lingua entre o alumnado participantes e actualizar a pedagoxía en materia de ensino.

Tamén, segundo explicou a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, no curso 2006-07 porase en marcha un curso de formación en lingua galega para o profesorado co fin de "garantir o dereito do alumnado a recibir educación na lingua de Galicia". Como novidade, haberá módulos específicos de actualización de aspectos léxicos "para reciclar coñecementos", explicou López.

Así, lembrou que o curso pasado realizáronse 18 cursos de iniciación e perfeccionamento para mestres e profesores, con carácter gratuíto; 9 deles na provincia de A Coruña, cinco na de Pontevedra; dous en Lugo e dous en Ourense. Nos mesmos, investíronse 113.250 euros.