Touriño suliña que a tradución ao árabe de 'Si o vello Simbad volvese ás illas' é un "símbolo de paz"

Actualizado: martes, 28 febrero 2006 14:58

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 28 Feb. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, suliñou hoxe que a tradución ao árabe da obra de Álvaro Cunqueiro 'Si o vello Simbad volvese ás illas' é un "símbolo de paz" e manifestou o seu desexo de que "se alce fronte aos partidarios dos agravios, da intimidación e do conflicto".

Nun comunicado, a Xunta salientou que Touriño congratulouse de que a Xunta participara, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, nesta traducción que hoxe se presentou en Mondoñedo con motivo do XXV aniversario do pasamento do escritor mindoniense, e ao que acudiu o máximo mandatario galego.

"Quero expresar o meu máis cálido agradecemento aos responsables de que este libro, que é un símbolo de paz, sexa unha realidade que se alce, con toda a súa modestina, pero tamén con toda a súa nobreza, con toda a súa dignidade e con toda a súa beleza fronte aos partidarios do agravio, da intimidación e do conflicto", salientou.

Neste senso, afirmou que a traducción desta obra é un "fermoso xesto de hospitalidade" do pobo de Marrocos e unha "invitación ao diálogo, á paz e á tolerancia". A tradución é obra do marroquí Larbi-el-Harti.

Touriño tamén eloxiou a César Antonio Molina, director do Instituto Cervantes, quen tamén participou no acto desta mañán en Mondoñedo.